Escoitar

Adxudicadas obras por valor de 7,8 millóns de euros para a urbanización e mellora de rúas no Casco Vello

A xunta de goberno local aprobou hoxe a adxudicación provisional de obras por valor de 18.259.981 euros que se desenvolverán con cargo ao fondo estatal de investimento local. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, explicou que estes proxectos van xerar unha carga de traballo de 614 persoas, das que 179 se cubrirán con persoas que se atopan en situación de desemprego ou en risco de exclusión social.

luns, 2 mar 2009
1236003247elduayen.jpg
Rúa Elduayen
O tenente de alcalde salientou os recursos que vai recibir o Casco Vello. Segundo dixo, vai ser "o investimento directo máis importante que o barrio vai recibir ata agora do Concello, con 7,8 millóns de euros". Santi Domínguez considera que con estas actuacións vaise dar un paso moi importante para a rehabilitación do Casco Vello.

O investimento máis importante destinarase á remodelación do eixo Elduayen-Paseo de Alfonso, por valor de 4,2 millóns de euros. Tamén se aprobaron varios expedientes para a mellora do entramado viario das rúas Ballesta, Gamboa, Fermín Penzol, Xoaquín Yañez, Peñasco, San Xulián, San Bernardo e Xuanelo cun investimento de 1,3 millóns de euros. Inclúense asemade proxectos de urbanización das rúas Poboadores, San Francisco, Santiago, Cruz Verde, Abeleira Menéndez, Ferrería, San Sebastián e Subida á Costa cun orzamento de 2,3 millóns de euros. Para o Casco Vello reservaranse outros 717.808 euros para a implantación dunha rede Wimax.

En materira deportiva o investimento máis importante será a construción do novo pavillón polideportivo de Navia, cun orzamento de 4,5 millóns de euros. Ao seu carón construirase tamén un campo de fútbol de herba sintética por valor de 1,4 millóns de euros.

Adxudicáronse tamén obras por valor de 2,1 millóns euros para a eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios e dependencias municipais, así como algo máis doun millón de euros para a revalorización e musealización dos restos arqueolóxicos do Castro e 457.381 euros para a primeira biblioteca municipal de barrio.
Descargar todas as imaxes