Escoitar

Orde do día da Xunta de Goberno Local

venres, 27 feb 2009
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 2 DE MARZO DE 2009.


1.- Actas das sesións ordinarias do 2, 9, 16 de febreiro e das sesións extraordinarias e urxentes do 6 e 13 de febreiro de 2009.

2.- Dar conta das seguintes sentenzas e autos:

a) Sentenza do Xulgado do Social nº 2 de Vigo na demanda nº 827/2008 por despedimento nulo. Demandante: Dª María Olga Pérez Sayar. Obxecto: Baixa na empresa (concesionaria demanial) CONYCASE-INMONUAR S.L., do 4/09/2008. Desestimada.

b) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A p. a. nº 266/2008. Demandante: Dª Barbara Nacimiento Pregal. Obxecto: Desestimación "presunta" de reclamación patrimonial (expte. 1758/243). Rematado o procedemento.

c) Sentenza do TSXG no RC-A p. o. nº 02/4292/2003. Demandante: INTERPARKING HISPANIA S.A. Obxecto: Desestimación presunta de reposición contra acto do 29.07.2002, e outras de orde de execución nos estacionamentos da Porta do Sol e Praza de Portugal (exptes. 14714/240 e 13752/240) Desestimado o recurso.

d) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A P.O. Nº 448/2007. Demandante: C.P. Da rúa Buenos Aires nº 6. Obxecto: X.G.L. 29-8-2007 (en reposición contra o do 5-3-07) investigación de oficio da titularidade da parcela – rúa A.A. Vázquez. Expte. 17687/240. Desestimado o recurso.

e) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A P.A. nº 262/08.Demandante: don Carlos Fernández Parada.Obxecto: Desestimación presunta de rec. reposición contra sanción de Tráfico.Expte.: 078706993. Desestimado o recurso.

f) Sentenza do TSXG no rec. Apelación nº 15098/2009 interposto por AENA contra sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A P.O. Nº 263/03 (e 264/03) sobre resolución do Concello de Redondela por sanción tributaria por IAE (1998/02) polo Aeroporto de Peinador (Vigo, Redondela e Mos). Desestimado recurso apelación.

g) Senteza do TSXG no rec. Apelación nº 149/2008 interposto polo Dª. Aurea Soto Lago contra Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo sobre resolución do 7.8.2007 de adscrición ao departamento de Patrimonio Histórico (Expte. 3908/111). Desestimado o recurso.

h) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A p.a. Nº 238/2008. Demandante: Dª. Mª Esther Vázquez Ferro. Obxecto: Desestimación de reposición en sanción de tráfico. Expte. 088630273. Desestimado o recurso.

g) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A p.a. Nº 368/2008. Demandante: FERNANDEZ Y COMESAÑA, S.A. Obxecto: Declaración de inadmisibilidade de reclamación patrimonial. Desestimado o recurso.

h) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A p. a. nº 382/2008. Demandante: D. Carlos Pardellas Barros. Obxecto: Desestimación "presunta" de reclamación patrimonial. Expte. Nº 1931/243. Desestimado o recurso.

i) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A p. a. nº 455/2007. Demandante: EXCLUSIVAS ORALFI, S.L. Obxecto: Acordo da Xerencia Municipal de Urbanismo, do 24/02/2007 (expte. nº.: 13643/423). Desestimado o recurso.

ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
3.- Recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 153.740 € a favor de Media Articket S.A. Expte. 2968/335.

BENESTAR SOCIAL
4.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo Servizo de Benestar Social durante os meses de novembro e decembro de 2008. Expte. 39910/301.

5.- Adxudicación provisional das obras de eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios e dependencias municipais. Expte. 38856/301.

CULTURA
6.- Adxudicación provisional das obras de adaptación de locais para biblioteca na Rúa Martínez Garrido. Expte. 11444/331.


DEPORTES
7.- Reclamación da empresa Graciano Rodríguez e Hijos S.L. do pagamento de facturas do ano 1998. Desestimada.

8.- Solicitude da ANPA Sobreira Valadares de autorización para realizar o Cross Escolar Colexio Sobreira Valadares o día 15.02.09. Expte. 8441/333.

9.- Solicitude do Club de Corredores de Vig-Bay de autorización para realizar o X Medio maratón Gran Bahía Vig-Bay 2009 o día 29.03.09. Expte. 8438/333.

10.- Solicitude da Sociedade Deportiva San Miguel de autorización para realizar o Duatlón Escolar en Candeán, o día 4.04.09. Expte. 8447/333.

11.- Adxudicación provisional das obras de construción dun pavillón Polideportivo en Navia. Expte. 8402/333.

12.- Adxudicación provisional das obras de construción dun campo de fútbol de herba sintética en Navia. Expte. 8401/333.

EMPREGO
13.- Proxecto de "Renovación urbana do barrio de Teis". Expte. 5729/77.

ELECTROMECÁNICOS
14.- Convalidación de gasto por importe de 45.670,39 € a favor da UTE IMES-ESYCSA. Expte. 12850/444.

MEDIO AMBIENTE
15.- Solicitude de axuda á Xunta de Galicia para sufragar os gastos extraordinarios incorridos na caneiro municipal como consecuencia do temporal. Expte. 6244/306.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
16.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo servizo de Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística durante o mes de xaneiro de 2009.

PÀTRIMONIO HISTÓRICO
17.- Adxudicación provisional das obras de mellora e reurbanización de rúas no Casco Vello de Vigo (5 lotes). Expte. 4753/307.

18.- Adxudicación provisional das obras do Proxecto de execución da remodelación do eixo das rúas Elduayen e Paseo de Alfonso, Fases A, B e C. Expte. 4754/307.

19.- Adxudicación provisional das obras de revalorización e musealización dos restos arqueolóxicos do Castro de Vigo. Expte. 4755/307.-

20.- Adxudicación provisional das obras de Infraestructura de Telecomunicaicóns do Casco Vello. Expte. 4756/307.

PERSOAL
21.- Aboamento de débeda á Seguridade Social en diversos conceptos. Expte. 18827/220.

22.- Dar conta da autorización de permiso retribuído de 30 días naturais a D. Avelina Santiso Gil. Expte. 18834/220.

23.- Dar conta da autorización de redución de xornada a Dª. Gloria Pousa Rodríguez. Expte. 18832/220.

24.- Dar conta da resolución de encomenda de funcións a D. Juan Carlos Román Casas. Expte. 21057/502.

POLICÍA LOCAL
25.- Creación do ficheiro automatizado de datos de carácter persoal denominado "Control de seguridade no edificio consistorial, mediante vixilancia no acceso aos garaxes dos Corporativos e do persoal municipal, e as dependencias da Xefatura da Policía Local". Expte. 33902/212.

SEGURIDADE, CIRCULACIÓN E TRANSPORTES
26.- Adhesión do Concello de Vigo ao Convenio de colaboración que promove a accesibilidade do transporte urbano colectivo que desenvolve o Imserso e a FEMP. Expte. 75605/210.


TRIBUNAL, ECONÓMICO ADMINISTRATIVO
27.- Modificación do acordo da X.Goberno local do 22.12.08 sobre concesións de dominio público dos postos de venda do Mercado do Progreso. Expte. 57/771.

URBANISMO
28.- Proposta de aprobación inicial dos seguintes convenios:
a) Convenio de colaboración entre o CPTOPT e Concello de Vigo para a construción do tunel da rúa Julián Estevez. Expte. 4886/401.

b) Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca e o Concello de Vigo para o desenvolvemento e materializaicón nos terreos da ETEA do Proxecto Estratéxico cidade do mar. Expte. 4888/401.

29.- Proxecto de urbanización da A-SU-A 1 Tomada. Aprobación definitiva. Expte. 4504/401.

30.- Proxecto de urbanización da UA-2 Penis de Arriba. Aprobación definitiva. Expte. 4811/401.

31.- Adhesión ao modelo xeral de estatutos da entidades urbanística de conservación no PERI II-05 Rocío. Expte. 4825/401.

32.- Rogos e preguntas.