O concelleiro de Cultura salienta a calidade das propostas que este ano reúne o Festival Alternativo
O Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo, Alt 09, inicia mañá a súa oitava edición, que se prolongará ata o 15 de marzo. O concelleiro de Cultura, Xesus López, salientou hoxe na presentación do certamen a calidade das propostas que se van poder contemplar ao longo destes días.
O festival, organizado pola Concellería de Cultura e Noescafé-Teatro, desenvolverase en diferentes escenarios, nos que 22 compañías e creadoras presentarán as propostas máis vangardistas. Ademáis de Galiza, Cataluña, Euskadi ou Castela-León, estarán presentes compañías do Reino Unido, Portugal, Francia ou Cuba. Segundo o concelleiro de Cultura, é este un festival que mellora cada ano e que se está a convertir xa nun referente das novas propostas escénicas.
Ademáis das funcións das diferentes compañías, haberá tamén actividades complementarias como exposicións, video-danza ou cine documental. O Alt 09 desenvolverá as súas actividades na Casa das Artes, Marco, Teatro da Cidade Universitaria, Verbum, Casa de Arines ou Café Úf. As entradas, que costarán 5 euros, estarán a venda nos lugares das funcións desde unha hora antes, pero tamén se poderán adquirir a través da web www.laboleteria.es ou na reserva telefónica 986422541, 666990403 ou 637081888.
Descargar todas as imaxes