O alcalde anuncia o inicio de 10 novas humanizacións por valor de 8 millóns de euros
O alcalde explicou hoxe mércores que a Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria, deu luz verde aos pregos para 10 novas humanizacións con cargo aos orzamentos municipais de 2009, obras que se iniciarán a finais de abril. As melloras validadas suman 8 millóns de euros e afectarán a zonas como Balaídos, Bouzas, Casablanca, Calvario ou Coia.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe mércores en rolda de prensa do inicio da tramitación de dez novas humanizacións na cidade, por valor de 8 millóns de euros con cargo aos orzamentos municipais de 2009.
O rexedor indicou que o Concello, en sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe, aprobou os pregos para as melloras de Sanjurjo Badía, Alcalde Portanet, Regueiro, Tarragona, Paulino Freire, Simón Bolívar, Extremadura, Cristo, a Travesía de Vigo, Vilagarcía de Arousa e Eugenio Kraff; que comezarán a finais de abril.
Segundo detallou o alcalde, Sanjurjo Badía comeza a súa segunda fase, entre Pedro Alvarado e Buenos Aires, por un valor de 822.800 euros: a humanización da Avenida Alcalde Portanet inicia a súa primeira fase con 500.000 euros de orzamento; a segunda fase do entorno de POVISA, con 1.300.000 euros, contempla as rúas Regueiro e Tarragona; a rúa Paulino Freire, en Bouzas, custará 478.000 euros; e a primeira fase da rúa Simón Bolívar, entre Venezuela e a Praza Elíptica, conta con 597.000 euros orzamentados.
Ademais, a rúa Extremadura (238.000 euros) e Cristo (789.000 euros) entran na segunda fase da humanización do Calvario; a cuarta fase da Travesía de Vigo, entre Numancia e Urzáiz, ten un orzamento de 2.065.000 euros; Vilagarcía de Arousa, en Coia, suma 864.000 euros de orzamento; e Eugenio Kraff completará a súa humanización cos 400.000 euros orzamentados para a súa segunda fase.
Abel Caballero avanzou que os pregos serán publicados na próxima semana e as empresas contarán con 13 días de prazo para presentarse. O Concello terá dous meses para adxudicar a obra, que comezaría a finais de abril.
O alcalde subliñou que esta é unha "época de actuación especialmente intensa e relevante" no municipio pois no 2009 se investirán 42 millóns de euros en humanizacións. As aprobacións de hoxe "son só o principio" xa que "o venres arrincaremos co Plan Zapatero", salientou. Abel Caballero aproveitou novamente para agradecer o "traballo excepcional" dos funcionarios municipais.
Faustino Álvarez, adxudicada
Por outra banda, e tamén aprobada na sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local deste mércores, o Concello procedeu á adxudicación definitiva da humanización da rúa Faustino Álvarez, mellora que presenta 175.000 euros de orzamento e se iniciará "como tarde" o 30 de marzo, estimou o rexedor.
Descargar todas as imaxes