O Día Internacional da Muller reivindica este ano os dereitos da muller traballadora diante la crise
"As mulleres traballamos, as mulleres contamos: non solocionaredes a crise a costa dos nosos dereitos" é o lema baixo o que este ano se convoca a manifestación do Día Internacional da Muller e o amplo programa de actividades que hoxe presentou a concelleira de Igualde, Iolanda Veloso. Exposicións, conferencias, recitais poéticos, teatro, cine ou obradoiros multiculturais son algunhas das actividades que se desenvolverán dende o 2 ao 30 de marzo.
A concelleira nacionalista salientou o feito de que este programa é froito do traballo de moitas entidades e colectivos. Iolanda Veloso salientou que ás actividades organizadas pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller se suman as promovidas polas secretarías da muller dos sindicatos, as vogalías da muller das asociacións de veciños, a Marcha Mundial das Mulleres, a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, diversas asociacións de mulleres e Alecrín. Iolanda Veloso quixo poñer en valor este traballo conxunto e fixo un chamamento á participación dos vigueses e viguesas no actos programación "para facer así visible o compromiso da nosa sociedade coa reivindicación dos dereitos das mulleres".
Os actos iniciaránse o vindeiro luns cunha charla organizada polo Club Cultural Gamboa na que a economista e escritora Reyes Calderán falará sobre "Por que debemos loitar contra a corrupción". Será na sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova. Xa o xoves no local do sindicato CC OO haberá un videoforum sobre "As mulleres perfectas" e na Escola de Artes e Oficios a Asociación de Mulleres Figa organiza unha charla sobre "As personaxes femininas de Emilio Pardo Bazán na procura da súa emancipación". Os actos intensificaranse o venres e o sábado cun recital poético, obradoiros e representacións teatrais, para xa o domingo celebrar a Festa Internacional da Muller na Praza 8 de Marzo. O acto central desa xornada será a manifestación que sairá ás 12:00 horas da Praza do 8 de Marzo cara á Praza de Eugenio Fardique.