Escoitar

O Concello amplia a rede de saneamento en Candeán, Coruxo, Valadares y Sampaio

A Xunta de Goberno Local extraordinaria celebrada este mércores aprobou mellorar o saneamento nestas catro parroquias viguesas, un investimento que ascende aos 762.000 euros, segundo explicou o alcalde, Abel Caballero. Ademais, o goberno prorrogou o contrato do servizo de atención cidadá 010 e o rexedor salientou que xa se instalou pola cidade uns 350 bancos e se encargaron outros 500.

mércores, 25 feb 2009
1235565300P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores da ampliación da rede de saneamento nas parroquias aprobada hoxe polo goberno local por valor de 762.000 euros.

O rexedor explicou que a Xunta de Goberno Local validou os pregos e o proxecto de ampliación da rede en Candeán (por valor de 457.000 euros), Valadares (cun orzamento de 86.000 euros), Coruxo (con 133.000 euros de importe total) e a Casal-Sampaio (con 86.000 euros orzamentados).

010
O goberno vigués aprobou asemade prorrogar o contrato do servizo de atención telefónica 010, que se adxudicou por outros dous anos, cun importe de 140.000 euros anuais.

350 bancos instalados
O alcalde mencionou ademais en rolda de prensa que o Concello xa ten instalados por todo Vigo uns 350 bancos, e adiantou que xa se encargou outra remesa a maiores de 500 unidades. Abel Caballero reiterou que, quen quera un banco na súa rúa, "que o pida e pómosllo ao día seguinte".
Descargar todas as imaxes