233 traballadores humanizarán as 10 rúas adxudicadas por 6,6 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local adxudicou provisionalmente este venres a humanización de 10 rúas da cidade con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local. O alcalde, Abel Caballero, explicou que as melloras suman un investimento de 6,6 millóns de euros e nas obras traballarán 233 persoas, 71 máis do mínimo esixido no prego de condicións. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da adxudicación provisional para a humanización de 10 rúas da cidade con cargo ao "Plan Zapatero", melloras que darán emprego a 233 persoas e supón un investimento de 6,6 millóns de euros.
As humanizacións, que comezarán en abril e durarán entre 3 e 4 meses, mellorarán as rúas Jesús Fernández, Portela, Badajoz, José Antela Conde, Andalucía, Palencia, Sagunto (entre Martínez Garrido e Palencia), Toledo, Marín e Redondela.
O alcalde salientou que os pregos de condicións municipais esixían un número mínimo de 152 persoas a traballar nas 10 rúas, pero as melloras ofertadas polas empresas adxudicatarias elevou a cifra final de empregados aos 233 actuais, 71 empregos máis. Abel Caballero explicou que "o emprego se aumenta en aproximadamente un 50%", co que "funcionou" a estratexia municipal de outorgar unha elevada puntuación a aquelas firmas que incrementaran o emprego.
O rexedor avanzou que o vindeiro martes 10 de marzo se validarán as adxudicacións provisionais que restan con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local, co que o Concello de Vigo vai "tres semanas por diante" dos prazos estipulados polo estado.