Escoitar

A nova mostra de Elsa Pérez achega o lirismo plástico ás dependencias da alcaldía

Este martes tivo lugar a inauguración oficial dunha nova mostra de arte nas dependencias municipais da Alcaldía, desta volta a cargo da arxentina Elsa Pérez Vicente. Chegada a España e a Vigo en 1973, as obras desta artista, as súas imaxes líricas e intimistas, achegan ao espectador ao seu "eu interior".

martes, 10 mar 2009
1236693419exposicional.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este martes a inauguración oficial da nova mostra de arte na Alcaldía, que desta volta acolle o traballo lírico e intimista da arxentina Elsa Pérez Vicente.

Non son frecuentas as exposicións desta artista, o que congregou a máis de medio centenar de persoas á inauguración da mostra, á que acudiron outros artistas participantes con anterioridade no proxecto, como Xavier Magalhaes ou Pedro Solveira.

O trazo firme e seguro de Elsa Pérez Vicente consegue crear imaxes líricas e intimistas que nos achegan ao seu "eu interior". Cunha calidade de debuxante realmente sorprendente, así como un sentido plástico de irrenunciable raíz lírica, Elsa Pérez Vicente chega a España en 1973.

Fai retratos ao pastel e sorprende a elegancia decadente e atemporal dos ambientes que crea. Pérez cultiva un surrealismo moi persoal, que profundiza na psicoloxía do seu modelo a través das súas mans, o seu rostro e a súa actitude. O Museo de Vigo garda a súa obra, así como outras pinacotecas e coleccións de Galicia.
Descargar todas as imaxes