O Verbum acolle a "Mostra de ciclo de ficcion portuguesa"
A "MOSTRA DE CICLO DE FICCIÓN PORTUGUESA" desenvolverase no museo Verbum os mércores 11, 18, 25 de marzo e 1 e 8 de abril de 2009. A entrada é libre ata completar aforamento.As sesións comezarán ás 20 horas e serán en versión orixinal.
O mércores 11, proxectará a cinta "História trágica com final feliz" da directora Regina Pessoa. Trátase dunha curtametraxe de animación realizado en 2005 e cunha duración de 7 minutos. "E todo o que desexan é ser iguais aos outros, mesturarse deliciosamente na multitude.Hai quen pasa o resto da vida loitando para conseguir iso, negando ou tentando agachar esa diferenza."
O coordinador do ciclo é André Martins, nacido en Porto en 1981, para ser un vagabundo das artes visuais. Establécese como cineasta e realiza diversos filmes experimentais, como Lugar (2001). Máis tarde realiza a longametraxe Dispersão (2003). É fundador da Morraceira e actualmente é tamén director do Filminho –Festa do Cinema Galego e Portugués.
Descargar todas as imaxes