Escoitar

48 personas inscribíronse xa para participar como tripulantes na Regata Desafío Atlántico

O stand que a Regata instalou a semana pasada no salón Náutico Internacional no IFEVI recibíu a solicitude de 48 personas interesadas en participar como tripulantes nas embarcacions que tomarán parte na etapa Vigo-Tenerife . A Regata dos Grandes Veleiros, arribará á cidade de Vigo nos últimos días do mes de abril, celebrándose do 30 do mesmo mes ata o 3 de maio.

martes, 10 mar 2009
1236694360tripulantes.jpg
Enrolarse para navegar na Tall Ships Challenge 2009 é doado para os que vivan nalgún dos portos anfitrións, ainda se non navegaran nun barco ou veleiro anteriormente.

Para participar como tripulante non hai que reunir ningún requisito especial salvo ganas de traballar e desfrutar; ter máis de 16 anos; non é necesario coñecementos de naútica e preferiblemente ter coñecementos de inglés.

O Concello becará a 25 persoas para que poidan disfrutar desta aventura involvidable. Se non é o caso tamén se poderá embarcar cun custe que vai dos 60 ós 100 euros diarios, segundo o tipo de embarcación.

Todas aquelas personas interesadas en enrolarse deberán ponerse en contacto a través da Oficina TSAC Vigo 2009, mediante correo electrónico tsacvigo2009@vigo.org ou por teléfono 986 227 882

A Tall Ships Race Atlantic Challenge 2009, percorrerá un total de 7000 millas polo Atlántico Norte. Na primeira etapa, que partirá de Vigo o próximo 3 de maio, os barcos arribarán na illa canaria de Tenerife, onde estarán do 14 ao 17 de maio. O segundo itinerario levaralles das illas afortunadas ata as Bermudas, cruzando o Atlántico para chegar ás súas costas, do 12 ao 15 de xuño. A terceira travesía conducirá á flota ata Charleston, en Carolina do Sur, onde estarán do 25 ao 29 xuño. Na cuarta etapa os veleiros navegarán ata Boston, permanecendo do 8 ao 13 xullo. A quinta travesía será ata Halifax, tendo como datas de estancia, do 16 ó 20 de xullo. A sexta será a última etapa, un percorrido entre o continente americano e Belfast, permanecendo en Irlanda do Norte, do 13 ao 16 de agosto, datas nas que se celebrarán os festexos de clausura, da singradura oceánica.
Descargar todas as imaxes