O comité da Regata Desafío Atlántico ultima detalles técnicos
O comité de traballo da regata Atlantic Challenge 2009 evalou, nunha reunión celebrada hoxe, a disposición provisional de atraque dos barcos que participarán na regata que estará en Vigo do 30 de abril ao 3 de maio, data na que sairá rumbo a Tenerife. Á reunión asistiron representantes da oficina técnica da Regata, Concello de Vigo, Autoridade Portuaria , Salvamento Marítimo, Capitanía Marítima e Federación Galega de Vela .
Ata o momento está confirmada a participación de 26 embarcacións , das que seis son de clase A, con máis de 50 metros de eslora. A maior parte dos buques estarán atracados na Estación Marítima no peirao de Trasatlánticos e na dársena da Laxe. Na xuntanza do comité de traballo presentouse o proxecto das oficinas centrais da Regata que estarán instaladas no edificio da estación marítima e que estará dotada de sala de reunións, punto de encontro, sala de voluntarios e sala de medios de comunicación.
Estase a redactar un manual de porto para capitans para os días da regata, coas especificacións técnicas necesarias, referentes a equipamentos, comunicacións, remolcadores para grandes buques, oficiais de enlace, punto telefónicos...
A campaña de captación de voluntarios leva inscritas a 100 persoas que traballarán na organización da estancia da regata en Vigo. Para poder participar como se poderá anotar na Oficina Municipal de Voluntariado e na Federación Galega de Vela.
Sobre a tripulación están apuntadas 48 persoas interesadas en enrolarse para navegar. O Concello becará a 25 destas persoas para que poidan disfrutar desta aventura involvidable. Se non é o caso tamén se poderá embarcar cun custe que vai dos 50 ós 100 euros diarios, segundo o tipo de embarcación. Todas aquelas personas interesadas en enrolarse deberán ponerse en contacto a través da Oficina TSAC Vigo 2009, mediante correo electrónico tsacvigo2009@vigo.org ou por teléfono 986 227 882
O programa da estancia contempla unha recepción para os capitáns, actividades deportivas para as tripulacións e desfile, unha regata e mostra de embarcacións tradicionais e unha exposición de maquetas de grandes veleiros.
Descargar todas as imaxes