Escoitar

Charles Napoleón, descendente do emperador francés, abriu o I Congreso sobre a Reconquista de Vigo

O Congreso Internacional da Reconquista inaugurouse hoxe no Centro Social Caixanova coa participación de expertos de universidades como a de Sorbona, de París, ou as de Oxford, Stirling e Liverpool, do Reino Unido. O alcalde de Vigo, Abel Caballero; o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o presidente da Federación de Cidades Napoleónicas, Charles Napoleón foron os encargados de abrir o simposio.

xoves, 12 mar 2009
1236868475congresoreconquista.jpg
O alcalde Abel Caballero afirmou que a Reconquista "foi unha xesta de valor e autoestima" dos vigueses da época e defendeu que "o carácter emprendedor que liderou a aquel puñado de vigueses, sigue a ser parte da nosa cidade". O rexedor referiuse tamén á capacidade de transformación que desde entón ten a cidade. Dixo que coa Reconquista "dimos un salto na nosa historia, e incluso poderiamos dicir que iniciamos a nosa historia, a historia dun pobo que se foi transformando na cidade que é hoxe".

Pola súa banda, o tenente de alcalde salientou que "os vigueses e viguesas conservamos aínda o epíritu loitador daqueles homes e mulleres que liberaron a cidade nos albores do século XIX". Santi Domínguez reivindicou na inauguración a importancia da Reconquista é a necesidade de por en valor "un feito histórico que resultou decisivo no que hoxe somos como cidade".

O tenente de alcalde destacou a importancia de analizar nun congreso con expertos mundiais a trascendencia dos feitos acaecidos hai douscentos anos, para interepretar o que "supuxo para a historia de Europa, tanto a nivel político social e económico".

Na primeira conferencia do congreso, Charles Napoleón, descendente do emperador francés, destacou que a importancia de España nos plans de expansión de Napoleón queda de manifesto no nomeamento do seu irmá como primeiro cónsul. Napoleón suliñou que o declive dos exercitos napoleónicos comezou na Guerra Peninsular.

Charles Napoleon salientou a figura do seu antepasado porque, dixo "ao final venceu porque as suas ideas permaneceron implantadas nos países polos que pasou".

Charles Napoleón recordou que "as relación entre as xentes; as bases da laicidade; a liberdade de conciencia; a separación entre estado e igrexa, e o feito de rematar unha Europa de servos e señores en favor dunha de cidadans, seguen a ser, na actualidade, ideas básicas da nosa sociedade".

Na sesión de tarde desta primeira xornada abordaránse cuestións como "O pobo na guerra da independencia galega", a cargo de Xosé Ramón Barreiro, presidente de la Real Academia Galega; "As guerras Napoleónicas como un choque dos Imperios" de Mike Rapport, Profesor de Historia University of Stirling e "Dende Vigo a Castro Urdiales: a participación británica na guerrilla do norte de España" que desenvolverá D. Charles Esdaile, profesor de Historia da University of Liverpool.
Descargar todas as imaxes