Un sistema de información turistica potenciará a promoción conxunta da Mancomunidade de Vigo
A ferramenta inclúe una web con 700 recursos turísticos de 10 concellos do área de Vigo, información xeográfica para descargar ao GPS, ademáis da edición de 20.000 mapas-guía, 80.000 postales, fichas, postais e fotografías. O concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, e a xerente da Mancomunidade, Erika Jaráiz, presentaron este xoves o novo sistema, cun investimento de 296.000 euros financiados ao 80% por Europa.
O edil de Xestión Municipal, Carlos L. Font, ,e a xerente da Mancomunidade de Vigo, Erika Jaráiz, presentaron este xoves un novo sistema de información turística encamiñado a potenciar a promoción conxunta dos concellos do área de Vigo.
O sistema, aglutinado baixo a marca Terras Atlánticas, inclúe a impresión de 20.000 mapas-guía da Mancomunidade, 80.000 postais, 5.000 pegatinas, 700 fichas informativas e 300 fotografías, así como a instalación nos concellos de puntos de información multimedia con acceso directo á información incluída na web.
Precisamente a ferramenta principal do sistema é unha páxina web, que está xa habilitada (www.terrasatlanticas.es ou www.turismoterrasatlanticas.es), onde se pode atopar os 700 recursos turísticos, así como a axenda dos concellos, fotografías, enlaces coas webs dos municipios e un sistema de información xeográfica mediante GPS que os usuarios poden descargarse.
Os propios concellos serán os encargados mediante de actualizar os seus recursos na web -toda a información, as fotografías e a axenda- co obxectivo de que os turistas accedan aos contenidos turísticos dun xeito permanentemente actualizado. A páxina está dispoñible en galego, español, portugués e inglés.
A inversión total no desenvolvemente do sistema de información turística ascende a 293.000 euros, financiados nun 80% con cargo ao programa PRODER da Unión Europea e o 20% restante polos propios concellos da Mancomunidade de Vigo. Debido a este programa, Salvaterra e Salceda non poden estar incluídos no sistema, aínda que a web si inclúe enlaces ás webs municipais de ambos concellos, información que se pretende ampliar no futuro.
Segundo explicou Carlos L. Font, os obxectivos do sistema de información turística pasan por revalorizar os recursos e actividades turísticas da Mancomunidade de Vigo, a promoción conxunta dos concellos que o conforman e combatir a estacionalidade do turismo, mediante o desenvolvemento do turismo rural e de interior para diversificar o perfil turístico máis vinculado ao mar e á Ría de Vigo.
O edil vigués indicou que este proxecto via dirixido, en primeiro lugar, aos turistas, pero tamén aos propios veciños dos concellos da Mancomunidade, ás administracións locais para que desenvolvan políticas turísticas e ao sector profesional, que conta cunha nova ferramenta.
Descargar todas as imaxes