Escoitar

A Oficina Municipal de Voluntariado realizará un seminario sobre captación de fondos

Dende a OMV dentro dos seminarios de formación para entidades de voluntariado do concello organiza o seminario "Claves para a captación de fondos en momentos de crise" que terá lugar o vindeiro martes, día 17 ás 18:30 horas no Centro Cívivo do Casco Vello.

xoves, 12 mar 2009
1236858473voluntariado1.jpg
O servizo municipal de voluntariado considera que os recursos económicos, son o combustible principal co que funcionan as organizacións de voluntariado para cumprir coa súa misión e aumentar a súa capacidade de intervención, polo que coñecer as vantaxes e desvantaxes dos diferentes métodos para a súa captación, así como os principios que favorecen os mellores resultados a longo prazo, sería esencial para sacarlles o maior partido a estes sempre escasos recursos, nun momento de crise económica que dificulta moito máis este labor.

Nas dúas horas que dura este seminario poderase coñecer algunhas das claves para escoller os métodos e as estratexias máis adecuadas para a organización da man dunha das persoas máis experimentadas do noso país, que combina a experiencia práctica cun coñecemento privilexiado das tendencias da captación de fondos en España.

No seminario entregarse documentación de repaso e listados de fontes de información para afondar nesta temática.

A cita será no Centro Cívico do Casco Vello, o martes, 17 de marzo, ás 18:30 horas. Aínda que os seminarios están abertos a todas as entidades da cidade, o número de prazas é limitado, polo que terán preferencia as entidades inscritas como colaboradoras na OMV, sendo a inscrición totalmente gratuíta.

Máis información na Oficina Municipal de Voluntariado, (Concello de Vigo, Praza do Rei s/n, 36202), teléfono 986 810 213 ; correo electrónico ofi.voluntariado@vigo.org
Descargar todas as imaxes