Voluntariado inicia unha campaña solidaria de doacións de sangue e reforestación
Durante os días 16, 17 e 18 de marzo habilitaranse unidades móbiles en Príncipe, no Calvario e na Praza de América e se plantarán tantas árbores como doazóns se conquiran nos Parques Forestais do Vixiador e de San Miguel de Oia. O edil de Participación Cidadá, Santos Héctor, presentou este venres a segunda edición de "Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore".
O edil de Participación Cidadá, Santos Héctor, presentou a segunda edición da campaña xunto con Julio Cabrera, do Centro de Transfusión de Galicia, e Bernardo Carreiro, de Amigos da Terra, entidades que participan no proxecto.
Tal e como explicaron, o obxectivo da iniciativa é continuar co "gran éxito" de participación acadado no 2008, con unhas 400 doazóns e outras tantas árbores plantadas. Con este obxectivo se da continuidade á campaña coa instalación dunha unidade móbil o día 16 de marzo en Príncipe, o día 17 no Calvario (Urzáiz 207) e o 18 en Praza de América.
Este ano a plantación será colectiva, co apoio de nenos de diferentes colexios públicos e o asesoramento do Departamento Municipal de Parques e Xardíns do Concello de Vigo, para garantir a supervivencia das árbores. Os doantes que o desexen poderán participar xunto cos voluntarios na plantación nos Parques Forestais de Vixiador e San Miguel de Oia.
A campaña presenta o dobre obxectivo de incrementar o número de doazóns recabado na cidade de Vigo e ademais conseguir a rexeración forestal nas zonas tanto incendiadas como asoladas por especies non autóctonas. No proxecto se plantará carballso, castiñeiros, sobreiras e bidueiros.
No proxecto "Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore" colaboran, xunto á Oficina Municipal de Voluntariado, o Centro de Transfusión de Galicia e Amigos da Terra, outras entidades como a Concellería de Parques e Xardíns do Concello de Vigo, a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, o Grupo Eroski, as Comunidades de Montes de Vixiador e de Oia e a Hermandade de Doantes de Sangue de Vigo.