mércores, 7 abr 2010
O concelleiro de Mobilidade e Transporte, Xulio Calviño, anunciou hoxe mércores a "renovación integral" da rede semafórica municipal, con "custe cero" para o Concello, que cambiará todas as unidades progresivamente. Para decidir a cor e o modelo, o departamento habilitou na web municipal (www.vigo.org) unha enquisa cidadá. Calviño anunciou asemade a instalación experimental de contadores de segundos nos semáforos para peóns e novos avisadores acústicos para invidentes.
xoves, 25 mar 2010
Unha vez rematada a humanización das avenidas, o concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, presentou este xoves a nova ordenación do tráfico no entorno. Desde o luns 29 de marzo, a Avenida de Castrelos priorizará o acceso á cidade, mentres que Florida canalizará as saídas da urbe. A Avenida de Fragoso terá dous carrís de baixada e un de subida, e a Avenida de Balaídos cambiará de sentido, igual que Caleira, García Lorca e Quintela, entre outras. Unha docena de rúas veranse afectadas neste "cambio a mellor" do tráfico na zona.
venres, 26 feb 2010
A sede da Jefatura da Policía Local estrenou na xornada de hoxe unha nova galería tiro na que se investiron arredor de 190.000 euros e que constitue un importante avance no adestramento por parte dos axentes do citado corpo á hora de poñer en práctica a utilización de armas de fogo cando se producen actuacións relacionadas coa seguridade cidadán. Nas instalacións desenvolveronse algúns exercicios habituais na práctica de tiro nos que interviron con demostrada efectividade varios policías locais.
mércores, 24 feb 2010
Profesionalidade, eficacia e cercanía a os cidadáns foron as notas destacadad nas demostracións levadas a cabo hoxe na Praza do Rei polos axentes da Policía Local de Vigo con motivo da celebración do 25 aniversario da posta en marcha do citado corpo de seguridade. O alcalde Abel Caballero manifestou no acto o apoio da goberno que preside a Policía Local e manifestou a importante laboura da mesma a prol da seguridade cidadá.
venres, 12 feb 2010
O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, presentou este venres a nova regulación no Casco Vello, que permite un máximo de 20 km/h para os vehículos autorizados e limita o estacionamento. Seis bolardos regulan o acceso exclusivo dos residentes, ademais das emerxencias e da carga e descarga, e os residentes contarán coas mesmas prazas de estacionamento que as existentes anteriormente, ubicadas agora en Poboadores, Chao, San Francisco, Cánovas del Castillo e o Berbés.
martes, 19 xan 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou hoxe martes na presentación dos 20 autobuses de Vitrasa que se integran na flota da citada compañía que coas novas incorporacións mantén en firme a súa aposta por un transporte accesible a personas con minusvalías e pola sostenibilidade ao reducir as emisións de gases á atmósfera. A inversión nos vehículos ascende a 4,4 millóns de euros, e coa posta en circulación dos mesmos a idade media do parque de Vitrasa é de 4 anos.
Os pensionistas son os que máis usan o transporte público en Vigo
luns, 18 xan 2010
O transporte urbano de Vigo disporá a partir do martes con 20 novos autobuses de Vitrasa que forman parte das novas melloras no citado ámbito, donde se rexistran aumentos no número de usuarios principalmente pensionistas no ano ano 2009 en relación co anterior, segundo deu a coñecer hoxe o concelleiro de Movilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Calviño Rodríguez. O número de viaxes en 2009 sumou un total 22,2 millóns desprazamentos.
luns, 28 dec 2009
Os servizos municipais do Concello de Vigo atenderon esta pasada madrugada un total de 172 incidencias causadas polo temporal, 19 delas levadas a cabo polos Bombeiros, 65 pola Policía Local e 88 por Limpeza.
martes, 17 nov 2009
O alcalde, Abel Caballero, o concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, e o xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, presentaron este martes a memoria de actividades da Policía Local de 2008, que reflicte un descenso do número de accidentes rexistrados, dos 3.599 de 2007 aos 2.960 do pasado ano. Os responsables salientaron que estas "boas cifras" poñen de manifesto a labor do corpo local de policía e a "mayor seguridade vial e cidadá" actual. <br />
martes, 17 nov 2009
El alcalde de Vigo, Abel Caballero, el concejal de Seguridad, Julio Calviño, y el jefe de la Policía Local, Carmelo del Castillo, presentaron este martes la memoria de actividades de la Policía Local de 2008, que refleja un descenso del número de accidentes registrados, de los 3.599 de 2007 a los 2.960 del pasado año. Los responsables destacaron que estas "buenas cifras" ponen de manifiesto la labor del cuerpo local de policía y la "mayor seguridad vial y ciudadana" actual. <br />