Escoitar

Nova galería de tiro para a Policía Local

A sede da Jefatura da Policía Local estrenou na xornada de hoxe unha nova galería tiro na que se investiron arredor de 190.000 euros e que constitue un importante avance no adestramento por parte dos axentes do citado corpo á hora de poñer en práctica a utilización de armas de fogo cando se producen actuacións relacionadas coa seguridade cidadán. Nas instalacións desenvolveronse algúns exercicios habituais na práctica de tiro nos que interviron con demostrada efectividade varios policías locais.

venres, 26 feb 2010
1267193665policiaocal2tiro.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado do concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño , e o xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, participaron no mediodía de hoxe na presentación oficial da nova galería, unha inauguración que se enmarca nos actos conmemorativos da posta en marcha en Vigo da Policía Local.

Del Castillo fixo referencia a que as novas instalacións responden ao obxectivo de que os funcionarios da Policía Local amosen seguridade a hora de poñer en práctica a utilización das armas que portan en situacións especiais que se contemplan na Ley de Coordinación do refirido corpo. De ese modo, as sesións de tiro forman parte dun entrenamento axeitado para unhas actuacións máis eficientes e seguradas, segundo Del Castillo, quen, por outra parte, suiliñou que as novas instalacións van a influir nun aproveitamento máis axeitado dos recursos humáns da Policía Local. Neste senso, indicou que a partir da ahora non terán que desprazarse a localidad de A Estrada un total de 20 axentes para facer prácticas. Desa maneira, a inversión realizada na galería recuperarase nun espazo de tempo moi curto, ademáis de non deixar debilitado o servizo porque as prácticas desenvolveranse en horas inhábiles.

Una vez recorridas as instalaciones hubo unha serie de actividades prácticas que indicaron o grado de preparación dos axentes participantes á hora de desenfundar e utilizar ás súas armas, pois ademáis de recrear a liberación dun refén e posta de fora de combate dos seus secuestradores, os policías fixeron outras demostracións relacionadas con puntería, rapidez e intervencións en condicións adversas. Una vez rematadas as prácticas en vivo, Del Castillo insitiu en que ensaiar permanentemene na galería de tiro é fundamental para a seguridade cidadán.

A galería, situada no edificio da Xefatura da Policía Local de Vigo, ten unhas dimensións de 15 por 8 metros, ademáis de cabina dotada para coordinar mellor as prácticas, as instalacións dispoñens de sistemas de ventilación y de eliminación de humos.
1267193665policiaocal2tiro.jpg
1267193688policialocal1tiro.jpg
1267193714policialocal3tiro.jpg
Descargar todas as imaxes