mércores, 24 febreiro 2010

Tenencia de Alcaldía coordinará un investimento produtivo de 8 millóns de euros do FEIL para desenvolver 14 proxectos

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, deu conta este mércores dos 14 proxectos nos que se investirán os 8.123.523 euros correspondentes do Fondo Estatal de Investimento Local. Entre as iniciativas que se levarán a cabo este ano coordinadas pola Tenencia de Alcaldía, o nacionalista destacou a rehabilitación dos edificios que albergará a futura pinacoteca de Vigo, a construción dun novo complexo deportivo ao aire libre en Barreiro, a continuación do plan de eliminación de barreiras arquitectónicas en dependencias municipais, a remodelación do auditorio de Castrelos e o impulso dunha plataforma tecnolóxica para o pequeno e mediano comercio da cidade.

O alcalde asegura a presenza "dinamizadora" do Concello na comisión de seguemento do novo hospital de Vigo

mércores, 24 feb 2010

Abel Caballero confirmou hoxe mércores que o Concello de Vigo estará presente como "gran dinamizador" na comisión de seguemento do novo hospital, convocada pola Consellería de Sanidade para o 3 de marzo. Pese a non ter recibida toda a información sobre o proxecto, o alcalde adiantou que Vigo reclamará na cita un hospital público, de financiamento público e que respecte o proxecto funcional e arquitectónico do anterior goberno autonómico.

A Policía Local amosa a súa profesionalidade no acto conmemorativo do seu 25 aniversario

mércores, 24 feb 2010

Profesionalidade, eficacia e cercanía a os cidadáns foron as notas destacadad nas demostracións levadas a cabo hoxe na Praza do Rei polos axentes da Policía Local de Vigo con motivo da celebración do 25 aniversario da posta en marcha do citado corpo de seguridade. O alcalde Abel Caballero manifestou no acto o apoio da goberno que preside a Policía Local e manifestou a importante laboura da mesma a prol da seguridade cidadá.

Abel Caballero clausurou o Seminario Ibérico de Química Mariña, que reuníu a investigadores de España e Portugal

mércores, 24 feb 2010

O alcalde de Vigo foi o encargado de clausurar o XV Seminario Ibérico de Química Mariña, punto de encontro de investigadores españois e portugueses que desenvolven a súa investigación no medio mariño. A cita, concebida como un foro de discusión e intercambio de ideas, tivo lugar do 22 ao 24 deste mes no Museo do Mar, e dedicouse o evento ao Doutor Fernando Fraga, quen levou a cabo en Vigo boa parte da súa traxectoria profesional. <br />

Santi Domínguez considera que o Campus do Mar poría a Vigo no centro da investigación marítima e pesqueira de Europa

mércores, 24 feb 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou hoxe que o proxecto do Campus do Mar é un proxecto moi importante para Vigo e para Galiza, xa que conta co apoio das tres universidades e colocaría á cidade no centro da investigación marítima e pesqueira de Europa. Tras a xuntanza que mantivo co reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, o nacionalista explicou que a reunión foi altamente positiva e agradeceu ao reitor a presentación que lle fixo do proxecto.

María Méndez anuncia que esta semana se abre o prazo das axudas para que 160 persoas se beneficien do bono-taxi

mércores, 24 feb 2010

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, explicou este mércores que esta semana se abrirá o prazo de solicitude das axudas para optar ao servizo do bono-taxi, tras a súa publicación mañá ou o venres no Boletín Oficial da Provincia. A concelleira salientou que o orzamento da actual convocatoria é de 72.000 euros e 160 beneficiarios poderán cobrar ata un máximo de 450 euros cada un para gastar ao longo do ano.