luns, 22 febreiro 2010

O pleno apoia as medidas que eviten o peche do Hospital da Cruz Vermella de Vigo

O pleno de corporación municipal aprobou hoxe en sesión extraordinaria unha moción na que manifesta o rexeitamento ao peche do Hospital da Cruz Vermella de Vigo e reclama a Xunta de Galicia que realice as xestións precisas para que o centro siga prestando os seus servizos na rede sanitaria pública. O pleno tamén validou inicialmente a modificación da ordenanza reguladora da Inspección Técnica de Edificios (ITE) pola que posibilitará o endurecemento da normativa nos casos de revisións dos edificios da cidade.

Abel Caballero participou na mesa "Seguridade viaria nas grandes cidades"

O alcalde levou as humanizacións de Vigo á xornada parlamentaria sobre Seguridade Viaria

luns, 22 feb 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, levou esta mañá o modelo de humanizacións vigués á II Xornada Parlamentaria sobre Seguridade Viaria e Prevención de Accidentes de Tráfico -celebrada na madrileña sala Clara Campoamor do Congreso dos Deputados-, dirixida á posta en común das experiencias locais co obxectivo de mellorar a normativa estatal sobre seguridade viaria.