Os inmigrantes falarán das súas experiencias sobre a lingua en Compartimos unha cidade
O martes, 23 de febreiro, desenvolverase unha nova xornada da convocatoria "Compartimos unha cidade. Compartamos as nosas linguas", no auditorio municipal do Areal en horario de 17 a 20 horas. A convocatoria ten como finalidade dar a coñecer a realidade lingüística de Vigo e Galiza e artellar camiños para a integracións das persoas inmigrantes.
A segunda xornada adicarase á experiencia da persoas inmigrantes en Galiza, polo que participarán a medidora intercultural na oficina de inmigración, Marcela Dambrosia, a vicepresidentea da asociación Abriga, Marlene Ventín, o membro de Aida, Pepin Tshisamb Diur Kaj, e o receptor directo do modelo Burela, Long Long You Zu.
A actividade vai a servir para que persoas que viven en Vigo dende hai tempo e procedan de lugares afasados teñan a palabra para expoñer as súas experiencias de paso, xa como novos vigueses, acheguen a sùas culturas e as súas linguas. Desa maneira, cunha perspectiva de multiculturalidade e diversidade se pretende que a lingua galega sexa para as persoas inmigrantes outro factor máis de integración na sociedade viguesa e ao mesmo tempo facilite o coñecemento de outras culturas e linguas que chegaron polo vieiro da inmigración.
Compartimos unha cidade. Compartamos as nosas linguas continuará o 2 de marzo cunha mesa redonda sobre as distintas líneas de actuación para acadara integración. A convocatoria está organizada polas áreas de Benestar Social e de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.