Escoitar

O pleno apoia as medidas que eviten o peche do Hospital da Cruz Vermella de Vigo

O pleno de corporación municipal aprobou hoxe en sesión extraordinaria unha moción na que manifesta o rexeitamento ao peche do Hospital da Cruz Vermella de Vigo e reclama a Xunta de Galicia que realice as xestións precisas para que o centro siga prestando os seus servizos na rede sanitaria pública. O pleno tamén validou inicialmente a modificación da ordenanza reguladora da Inspección Técnica de Edificios (ITE) pola que posibilitará o endurecemento da normativa nos casos de revisións dos edificios da cidade.

luns, 22 feb 2010
A presidenta do Comité de Empresa do Hospital da Cruz Vermella de Vigo, Hortensia Pérez Mosquera, recordou na súa intervención antes do debate da moción que o peche do mencionado centro supón una medida desastrosa non só para a cidade senón para a comarca, pois é a única referencia sociosanitaria da zona. O feito agrávase ademáis coa perda de 70 postos de traballo, que nalgúns casos chegan a máis de 30 anos de servizo, o cal pode llevar ao persoal a unha situación de total desamparo.

Hortensia Pérez, despois de criticar a actitude dos representantes do Servicio Galego de Saúde na citada problemática, solicitou do Concello de Vigo, como administración afectada, que tome as decisións pertinentes e se pronunciase en defensa da continuidad do Hospital da Cruz Vermella de Vigo e dos postos de traballo. Nese senso, foi aprobada a moción presentada polo grupo municipal do BNG relativa ó peche do mencionado centro sociosanitario e que establece que o pleno manifesta a súa oposición ao peche, reclama a Xunta de Galicia que realice as xestións precisas para que o centro continúe prestando os seus servizos na rede sanitaria pública e manifesta o apoio do pleno a todo cadro de persoal do Hospital da Cruz Vermella de Vigo.

O pleno, que estivo presidido por o tenente de alcalde Santiago Domínguez, deu conta das actas anteriores de plenos, de resolucións de alcaldía e da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia intermposto por Pompas Fúnebres Santa Cfritina SL relativa a ilegalidade do artículo 18-3ª da ordenanza municipal funeraria do ano 2000. Xa no eido de urbanismo, foi aprobada incialmente por unanimidade a modificaciòn da ordenanza reguladora da ITE, o cal supón a inclusión de correcións que motivarán o endurecemento da normativa de revisión dos edificios coa finalidade de mellorar o mantemento das construccións e a seguridade dos cidadáns ante posibles desprendementos de fachadas.

Tamén foi aprobada a moción do grupo do PsdeG-PSOE que insta a Xunta de Galicia para que invirta de forma prioritaria no Concello de Vigo recursos de dinamización económica e emprego para dar resposta eficaz ás empresas e reducir o desemprego. Tamén se solicita que a partida de programas de cooperación da Xunta de Galicia no Concello de Vigo se incremente en un millón de euros de acordo ao que lle corresponde pola súa poboación e número de desempregados, o que representaría un investimento de 2,6 millóns de euros en 2010. Ademáis mediante a moción se solicita un programa industrial específico para a Vigo que atenda a súa singularidade nos casos de automoción, pesca, construcción e naval. As peticións esténdese aos eidos do comercio vigués, pymes e autonómos a través dun plan de axudas directas para fortalecer ditos sectores nestes momentos de dificultade económica.

O pleno aprobou por unanimidade a moción do grupo do Partido Popular que insta a que re realice un mapa de iluminación da cidade e varias melloras lumínicas naquelas zonas que o precisen, e en concreto se acometa de xeito urxente a iluminación do vial da Universidade.

Día da Muller Traballadora
O pleno validou asemesmo por unanimidad a Declaración Institucional do Concello de Vigo co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.