O Concello de Vigo lidera o proxecto da Rede Europea de Orquestras Folk European Network of Folk Orchestras
A Escola Municipal de Música Tradicional e Folk, e-Trad, do Concello de Vigo, convirtese durante dous anos no modelo a seguir dentro do proxecto da Rede Europea de Orquestras Folk (European Network of Folk Orchestras-ENFO) orientado a procura dun circuito estable no Vello Continente para a circulación de músicos e profesores relacionados co folk contemporáneo. Desa maneira, o proxecto liderado polo concello establece a Vigo como sede permanente da citada rede durante o periodo de tempo 2010-2012.<br />
O proxecto ENFO está coordinado pola e-Trad ao ser a principal entidade promotora de dita iniciativa que ten como coorganizador á Fundación Sondeseu, que naceu a carón da escola municipal e cuxa Orquestra está levando a cabo unha importante laboura de difusión da música folk por Galicia, España e Europa. Ambas están acompañadas no proxecto pola Sibelius Academy de Helsinki (Finlandia) e a Asociación Artemotiva, de Turín (Italia).
As actividades cofinanciadas pola Unión Europea van a consistir no desenvolvemento de catro encontros e a elaboraciòn de catros documentos de traballo que darán paso á consolidación da Rede Europea de Orquestras Folk. Desde o mes de maio de 2010 a abril de 2012, desenvolveránse a citadas actividades que inclúen no programa a Primeira Conferencia da ENFO en Vigo no 2011, na que están previstos concertos, obradoiros e masterclass, entre outras convocatorias.
Asemesmo durante o citado periodo de tempo se elaborabará unha guía pedagóxica para escolares de música folk a nivel europeo, un catálogo de escolas e orquestras europeas, unha guía para a creación de orquestra folk e o Plan de negocio da European Network of Folk Orchestras. En canto aos eventos, ademáis da Conferencia da ENFO, haberá tamén en Vigo un Encontro de Traballo este ano. Nas outras cidades incluidas no programa están convocados un Encontro de Traballo en 2012 en Tutrín e unhas Xornadas de Intercambio en Helsinki en 2011.
O programa de Vigo constitue o primeiro paso do obxectivo de ampliar a Rede a 10 países no ano 2012. Esta acción cultural de proxección internacional e de carácter multicural vai a servir para dar pulo a laboura da Escola Municipal e Música Tradicional que aposta pola docencia e divulgación da música tradicional pero desde unha perspectiva na que se conxugan o pasado coas novas tendencias do folk urbano.
A presentación do Proxecto Epo foi presentado hoxe na sala de prensa da Alcaldía de Vigo polo seu titular Abel Caballero, quen destacou a confluencia de vontades e proxectos entre o Concello e a e-Trad e a Fundación Sondeseu que se concreta na ENFO como unha ocasión para amosar o carácter universal da cidade mediane a súa cultura e musica. O alcalde abogou porque o proxecto musical poda tamén ser aplicable a outras instituciones institicións europeas.
Pola súa banda a concelleira de Educación, Laura López Atrio, subliñou a importancia do proxecto da e-Trad ao ser elexido xunto a outros sete de toda España sobre un total de 315 candidaturas presentadas desde diferentes países europeos. A edil puxo de manifesto asemesmo a excelente colaboración entre Concello de Vigo e a Escola Municipal de Música Tradicional e Folk. O titular desta, Rodrigo Romaní, destacou do proxecto a carácter educativo do mesmo así como de difusión musical, co obxectivo inicial de preparar o camiño a creación dunha plataforma na de varios países que fagan posible unha grande rede de orquestras de música folk na Unión Europea.
Sondeseu
Hai que destacar que a Fundación Sondeseu continúa a desenvolver a su andaina a prol da música folk desde unha perspectiva innovadora. Nese senso hai que destacar que a Orquestra Sondeseu, na que fan prácticas profesionais alumnos e alumnas da e-Trad, participa no disco "Cantigas do Camiño", un proxecto discográfico emparentado co Xacobeo 2010 e no que participan as máis importantes formacións de música galega. Sondeseu presenta a peza "Amencer no camiño", unha revisión da tradicional alborada de Pontecaldelas foi gravada no auditorio Martín Códax, no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Neste mes, Sondeseu tamén traballa na gravación do seu novo traballo discográfico titulado "Barlovento".