Escoitar

Os novos buses de Vitrasa apostan pola sostenibilidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou hoxe martes na presentación dos 20 autobuses de Vitrasa que se integran na flota da citada compañía que coas novas incorporacións mantén en firme a súa aposta por un transporte accesible a personas con minusvalías e pola sostenibilidade ao reducir as emisións de gases á atmósfera. A inversión nos vehículos ascende a 4,4 millóns de euros, e coa posta en circulación dos mesmos a idade media do parque de Vitrasa é de 4 anos.

martes, 19 xan 2010
1263911576caballero042.jpg
Abel Caballero estivo acompañado polo director xeral de Vitrasa, Juan Carlos Vilariño, e polo concelleiro de Transporte, Xulio Calviño, e diferentes representantes da empresa de transporte. O titular da mesma indicou que o afán dos que traballan en Vitrasa é ofrecer un mellor servicio cada día, de ahí que aposten pola renovación dos autobuses co obxectivo de ofrecer mellores condicións aos habitantes de Vigo. A presentación da veintena de vehículos realizouse a carón do Verbum, donde Abel Caballero felicitou a empresa Vitrasa e os seus traballadores ós que volveu a pedir paciencia ante as novas obras que dentro dun mes comezarán en varias rúas da cidadde.

Os novos autobuses destacan porque levan incorporado motores Euro V, de baixa contaminación, pois reducese os óxidos de nitróxeno dos gases de escape, optimizase a combustión do motor para acadar una maior potencia con menos consumo de combustible. Na actualidade hai 46 autobuses con motores Euro V e 4 con Euro IV.

SIAM
Por outra banda, os vehículos están adaptados para facilitar un mellor acceso de persoas mobilidade reducida. Un total de 85 autobuses teñen rampa de acceso para cadeiras de rodas e tamén un sistema de audio que facilita a comunicación coas persoas invidentes tanto dentro como fora do vehículo. Nos novos autobuses se levará a cabo este ano a a incorporación do sistema SIAM (Sistema de Información en Autobuses Metropolitanos), medida innovadora coa que o viaxeiro pode coñecer mediante pantallas no interior dos vehículos o movemento en tempo real dos buses sobre as rúas da cidade, 73 paneis atópanse instalados nos buses das principais liñas da cidade.

Vitrasa leva invertidos 33,6 millóns de euros na renovación da flota, e a presentación de hoxe é a mais importante da empresa polo número de vehículos desde a súa fundación.
1263911576caballero042.jpg
1263911589caballero035.jpg
Descargar todas as imaxes