mércores, 20 xaneiro 2010

O alcalde garante aos traballadores de Alfageme que a propiedade non quedará cos 26 millóns das indemnizacións

Tal e como acordaron nunha entrevista previa co alcalde, os traballadores de Alfageme recibiron este mércores o informe de Urbanismo sobre a situación da parcela, que cifra en 26 millóns de euros o custo das indemnizacións e do traslado da factoría. Caballero recordou que "unha parte deste diñeiro é dos traballadores" e o Concello non permitirá que ninguén se apropie desta cantidade, pois existen mecanismos xurídicos para evitalo.

Os 200 anos de historia como cidade centran a promoción de Vigo en Fitur, co obxectivo de desestacionalizar o turismo

mércores, 20 xan 2010

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, explicou hoxe que a conmemoración dos 200 anos de Vigo como cidade centrará a súa presentación de Vigo en Fitur 2010, que terá lugar o sábado, 23 de xaneiro, no espazo de Turgalicia. Asemade, o nacionalista manifestou que a promoción da cidade terá como principais obxectivos a desestacionalización a través do turismo de congresos, cultural e de lecer.

Abel Caballero inaugurou a primeira convención de empresarios galegos sobre o futuro despois da crise

mércores, 20 xan 2010

O alcalde de Vigo foi o encargado de abrir a primeira Convención Atlántica de Empresarios Galegos, organizada por Summa Insurance, baixo o epígrafe "Saíndo do túnel: decisións clave para 2010-2015". Este foro debate a perspectiva dos empresarios locais a curto e medio prazo e o impacto das novidades lexislativas na economía galega, de cara á saída da crise.<br />