venres, 22 xaneiro 2010

O Concello prepara o Festival Aéreo do 2010

venres, 22 xan 2010

O alcalde Abel Caballero avanzou hoxe que se está a preparar a edición do 2010 do Festival Aéreo de Vigo que terá unha promoción específica nas principais cidades de España e do norte de Portugal. O festival celebrarase o próximo 18 de xullo e a semana anterior desenvolveranse actividades aéreas e marítimas.

Recollida de material de urxencia para Haití

venres, 22 xan 2010

Ante os feitos ocorridos en Haití, a Unidade Especial de Protección Anticatástrofes e Salvamento de Emerxencia e Protección Civil, fai unha recollida de material de urxencia no local da Asociación de Veciños de Lavadores, sito na R/ Ramón Nieto, 302, ó lado do campo de fútbol.

Anuncio de Industria e Comercio

Convocatoria de subvencións para o pequeno e mediano comercio de Vigo

venres, 22 xan 2010

Bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións para fomentar e coadxuvar ao mantemento de emprego no pequeno e mediano comercio de Vigo e a formación dos seus traballadores/as, nunha situación de crise económica e de especial afección nas ventas e consumo ocasionada con motivo das obras na cidade.

Anuncio Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa García Barbón,Gregorio Fernández e Paulino Freire

venres, 22 xan 2010

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construción de aparcamento soterrado, a realizar pola empresa UTE DRAGADOS EXCONSA, estará pechada ao tráfico (excepto para servizo público e garaxes) a rúa GARCIA BARBON, treito entre República Arxentina e Colón, dende o martes 26 de xaneiro de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous meses e medio.O desvío para o tráfico en xeral será polas rúas República Arxentina, Areal e Colón.<br />