Escoitar

Pleno da Corporación

Orde do día:

venres, 22 xan 2010
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 1

CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión ordinaria que terá lugar o día 25 de XANEIRO de 2010, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


1.- Acta anterior. (S. 28.09.09)

XESTIÓN MUNICIPAL
2.- Rectificación do inventario municipal de viais, tramo final do Camiño Paz Pardo R-3. Expte. 18594/240.

3.- Desestimación de reclamación inventarial na rúa da Cruz R-2, previa á vía xurisdicional. Expte. 18735/240.

4.- Desestimación de reclamación inventarial no Camiño de Pazos R-1, previa á vía xurisdicional. Expte. 18735/240.

5.- Resolución de alegacións e aprobación definitiva do Regulamento do Consello Escolar Municipal. Expte. 10600/332.

MOCIÓNS
6.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia diversas melloras nos centros escolares de Vigo e a elaboración dun pacto pola Educación. Doc. 100002796.

7.- Moción do Grupo municipal do BNG contra o decreto do galego no ensino. Doc. 100006364.

8.- Moción do Grupo municipal Popular instando a continuación do expediente de contratación de servizos de revisión do Inventario municipal. Doc. 90132942.

9.- Moción do Grupo municipal Popular instando o restablecemento da presenza da Policía Local nas rúas. Doc. 90132944.

10.- Moción do Grupo municipal Popular instando o establecemento progresivo de políticas de equiparación e igualdade entre estudantes dos centros sostidos con fondos públicos. Doc. 90132945.

11.- Moción do Grupo municipal Popular propoñendo se inste ó Goberno do Estado a retirada inmediata da suba de impostos nos orzamentos. Doc. 90146381.

12.- Moción do Grupo municipal Popular instando revogar o acordo de constitución da Comisión Cidadá de Normalización Lingüística e modificación dos estatutos do Consello Social da Lingua. Doc. 90146383.

13.- Moción do Grupo municipal Popular instando se tomen as medidas oportunas para erradicar a venda ambulante e irregular no Casco Vello. Doc. 90146385.

14.- Moción do Grupo municipal Popular instando alcanzar un pacto pola mobilidade e elaboración dun plan de tráfico consensuado nos contornos humanizados. Doc. 90146392.

15.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE horas do día VINTECINCO DE XANEIRO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 21 de xaneiro de 2010
O ALCALDE, A SECRETARIA XERAL DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez Mª Concepción Campos Acuña.