martes, 19 xaneiro 2010

Os novos buses de Vitrasa apostan pola sostenibilidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou hoxe martes na presentación dos 20 autobuses de Vitrasa que se integran na flota da citada compañía que coas novas incorporacións mantén en firme a súa aposta por un transporte accesible a personas con minusvalías e pola sostenibilidade ao reducir as emisións de gases á atmósfera. A inversión nos vehículos ascende a 4,4 millóns de euros, e coa posta en circulación dos mesmos a idade media do parque de Vitrasa é de 4 anos.

Vigo presenta 13 proxectos de humanizacións do Fondo Estatal de Investimento Local

martes, 19 xan 2010

Abel Caballero avanzou hoxe que o goberno local remitirá "nos próximos tres ou catro días" parte dos proxectos de Vigo para o novo Fondo Estatal de Investimento Local disposto polo goberno de España para 2010; en total 17,4 millóns de euros para trece novas humanizacións, zonas verdes e centros culturais e deportivos, con especial incidencia nas parroquias viguesas. Os procesos de contratación das obras poderían iniciarse o próximo mes.

O Concello reforza a loita contra o botellón

martes, 19 xan 2010

O Concello de Vigo afonda na súa loita contra o botellón e contra as consecuencias máis negativas do mesmo en determinados lugares da cidade ao aprobar a prohibición da venda de licores en establecementos de diferentes zonas a partir das dez horas da noite. O alcalde Abel Caballero foi rotundo ao sinalar que unha vez que entre en vigor a orde, os locais que expendan bebidas alcohólicas nos horarios prohibidos serán sancionados.

Xesus López salienta o protagonismo do pobo de Vigo no cartaz que será este ano imaxe da Festa da Reconquista

martes, 19 xan 2010

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este martes a proposta gañadora, dotada con 800 euros, do concurso de cartaces da Reconquista do 2010 e que servirá de imaxe oficial á festa. Na presentación, na que tamén participou o presidente da Asociación Veciñal do Casco Vello, Henrique Macías, e dous dos autores, Xesus López presentou tamén os duos cartaces aos que se lle concederon os áccesits, dotados con 400 euros cada un.