Escoitar

O Concello prepara o Festival Aéreo do 2010

O alcalde Abel Caballero avanzou hoxe que se está a preparar a edición do 2010 do Festival Aéreo de Vigo que terá unha promoción específica nas principais cidades de España e do norte de Portugal. O festival celebrarase o próximo 18 de xullo e a semana anterior desenvolveranse actividades aéreas e marítimas.

venres, 22 xan 2010
1264166625alcaldearmada.jpg
O alcalde de Vigo mantivo o xoves en Madrid unha xuntanza co Xefe do Estado Maior da Armada para solicitar a presencia na cidade do buque escola Juan Sebastián El Cano o día anterior da exhibición aérea , e da fragata Mendez Núñez . Caballero manifestou o seu desexo que para este ano o festival conte, ademais das actividades aeronáticas , con máis participación da armada.

O alcalde confía que o Festival Aéreo 2010 teña maior afluencia de público que o anterior que alcanzou unha cifra de 400.000 persoas. Para conseguir este obxectivo o Concello realizará unha promoción específica do festival nas principais cidades de España e a cooperación dos concellos do norte de Portugal.
Descargar todas as imaxes