Escoitar

Vigo foi a principal cidade de Galicia en reducción dos accidentes en 2008<br />

O alcalde, Abel Caballero, o concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, e o xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, presentaron este martes a memoria de actividades da Policía Local de 2008, que reflicte un descenso do número de accidentes rexistrados, dos 3.599 de 2007 aos 2.960 do pasado ano. Os responsables salientaron que estas "boas cifras" poñen de manifesto a labor do corpo local de policía e a "mayor seguridade vial e cidadá" actual. <br />

martes, 17 nov 2009
1258466752memoriapolicia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, e o xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, presentaron hoxe martes o balance de actividades da entidade correspondente a 2008, unha memoria que sitúa a Vigo como a a principal cidade de Galicia en diminución de accidentes.

Segundo explicou o edil de Seguridade, o número de accidentes rexistrados en Vigo no pasado ano 2008 ascendeu a 2.960, cifra que reflicte unha "importantísima diminución" con respecto aos 3.599 de 2007. O concelleiro agarda que o descenso teña continuidade en 2009.

Calviño comparou as cifras de 2008 coas de 2004, que arroxa un descenso do 24,7% nos accidentes de tráfico e a baixada á metade dos falecidos. Ademáis, no tocante aos atropelos, o descenso supera o 3%. Estes datos responden a que o goberno local está a "poñer o acento" na seguridade vial e cidadá. O edil tamén salientou o incremento experimentado en 2008 de persoal de mando, que ascendeu de 20 a 34 oficiais e de 12 a 15 inspectores con respecto a 2007.

Esta baixada no número de accidentes de tráfico foi vencellado polo xefe da Policía co descenso do número de sancións impostas a condutores por rebasar entre 20 e 30 km/h a velocidade máxima permitida, mentres que as multas por sobrepasar en 30 km/h ou máis descenderon á metade en 2008.

O máximo responsable da Policía Local, pola súa banda, reseñou o aumento do 17% rexistrado no número de requerimentos telefónicos recibidos, "mostra da confianza" da cidadanía na entidade; o ascenso do 7% nas mediacións de conflictos e o incremento do número de escolares beneficiados polos cursos de seguridade vial impartidos polos axentes.

Carmelo del Castillo enfatizou asemade a potenciación da Unidade Medioambiental da Policía Local de Vigo, que posibilitou un descenso nos verquidos ao Lagares, de 154 a 54 no 2008; das actuacións por ruido, de 542 a 261; e por lumes, de 381 en 2007 a 267 o pasado ano. Os datos reforzan a "sensibilidade da Policía Local nunha cuestión tan importante da acción policial", indicou del Castillo.

O alcalde, pola súa parte, asegurou que a memoria mostra a "capacidade" da Policía Local de Vigo, á que mostrou o seu "recoñecemento" e abogou por dotala do "máximo de medios posible" para desenvolver o seu traballo. Caballero destacou a súa labor no tráfico e na seguridade este ano, con 150 rúas en humanización, e pediulles que fagan extensivo este "esforzo" no 2010, no que terá lugar outra tanda de obras de mellora de rúas.

Abel Caballero quixo subliñar a "coordinación" existente entre os corpos de seguridade local e nacional, o que redunda na súa "eficacia".
Descargar todas as imaxes