Escoitar

A Casa das Artes acolle a mostra "Mulleres" do 19 de novembro ao 10 de xaneiro, con 95 imaxes do Arquivo Pacheco

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este martes a exposición "Mulleres", composta por 95 imaxes de distintos formatos nas que se mostran representacións plurais das mulleres que hai nos fondos do Arquivo Pacheco. A mostra se inaugura o vindeiro xoves, 19 de novembro, na Casa das Artes, se poderá visitar ata o 10 de xaneiro. <br />

martes, 17 nov 2009
1258465087expomuller.jpg
Xesus López salientou que dende que o BNG asumíu a Concellería de Cultura "marcámonos como obxectivo poñer en valor o Arquivo Pacheco". Neste sentido explicou que a primeira medida consistíu en elaborar un programa de actuacións e dotar ao Arquivo con persoal suficiente para desenvolvelo. A posta en valor continuou a principios do 2009 coa apertura do Arquivo a especialistas e que culminou no mes de xullo deste ano coa apertura das súas portas non so a investigadores, senón tamén ao público en xeral. "Atrás quedan anos nos que a ineficacia do goberno anterior levou ao seu peche das portas do Arquivo", manifestou o concelleiro de Cultura.

"Mulleres" está integrada por fotografías que abarcan dende 1910 a 1960. Son de distintos formatos, dende as máis pequenas de 24x30 centímetros a outras de maior tamaño de 50x70 centímetros. Xesus López explicou que a montaxe da exposición busca crear dous espazos diferentes: un íntimo, con retratos realizados no estudo fotográfico ou no propio fogar das mulleres; e outro máis aberto, que plasma as mulleres no traballo ou practicando deporte.

O concelleiro de Cultura expresou os seus parabéns ao director do Arquivo Pacheco, Vítor Vaqueiro, e o seu equipo, así como ao coordinador da rede museística da cidade, Lois Cea, polo traballo para dar a coñecer o legado do Arquivo Pacheco.
Descargar todas as imaxes