Escoitar

O alcalde e a Cónsul Xeral de Venezuela preparan a visita do embaixador á cidade a finais de mes

Abel Caballero entrevistouse este luns coa Cónsul Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo, Mónica Chacín, nunha reunión de preparación da visita do embaixador á cidade olívica que terá lugar a finais de mes. O alcalde subliñou as "intensas relacións económicas" entre ambos países, con especial relevancia para os astaleiros vigueses.

luns, 16 nov 2009
1258379439consulvenezuela.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entrevistouse este luns coa Cónsul Xeral da República Bolivariana de Venezuela, Mónica Chacín, unha reunión de preparación da visita que realizará o embaixador a Vigo a finais de mes.

O rexedor local subliñou o interese da visita polas "intensas relacións económicas" e comerciais existentes entre España e Venezuela, que en Vigo ten especial interese para os astaleiros da cidade.
Descargar todas as imaxes