venres, 26 mai 2006
La alcaldesa, Corina Porro, inauguró hoy viernes en Vigozoo la "Isla de los monos", un espacio concebido para la exposición conjunta de dos especies de primates: el macaco de Gibraltar y el papión oliva. <br />
<br />
mércores, 1 feb 2006
A alcaldesa, Corina Porro, inauguro o mércores o parque da alameda da rúa Canario, un espazo axardinado de 1.375 m2, situado na Dobrada e dotado con mobiliario diverso e zonas de recreo para nenos e maiores.
venres, 16 dec 2005
A programación do zoolóxico da Madroa para este Nadal continúa desenvolvéndose cos nenos como protagonistas. Así, destacan as actividades como a campaña "Nadal Solidario. Un neno, un alimento", as visitas escolares, o programa "Aula no zoo" e a celebración de aniversarios para nenos.
venres, 2 dec 2005
O concelleiro delegado de Vigozoo, José Manuel Couto, presentou hoxe venres as actividades de Vigozoo para este Nadal, entre as cales destacan a campaña "Nadal Solidario. Un neno, un alimento", as visitas escolares, o programa "Aula no zoo" e a celebración de aniversarios para nenos.
mércores, 19 out 2005
Operarios municipais están a talar 40 árbores do xénero "populus" na avenida de Castelao, en previsión de problemas en canto a tipos de poda e lonxevidade que poderían presentar no futuro. No seu lugar plantaranse árbores de especies máis axeitadas ás condicións desta zona verde.
luns, 18 abr 2005
Unha oliveira foi roubada e outra arrincada durante a pasada fin de semana na rotonda en construcción da confluencia das avenidas de Castrelos e Portanet. No Concello sospeitan que os autores destes feitos son os mesmos que levaron un dos buxos plantados na illa do cruce da avenida de Castrelos coa de Balaídos.
mércores, 2 feb 2005
De cara a preparar a próxima temporada de verán, o órgano xestor de praias do Concello mantivo onte unha reunión na que tratou, entre outros asuntos, da instalación de quioscos e actividades deportivas, a dotación de servizo de socorristas e a concesión ás praias do distintivo da bandeira azul.
mércores, 21 xul 2004
Arbustos, begonias e lobelias ocuparán a rotonda que ata fai pouco presidía un conxunto de esculturas. Os traballos de axirdanamento veñen a coincidir co remate da rotonda de A Calzada, no que se optou pola simboloxía que o olivo garda coa cidade.
venres, 9 xul 2004
Operarios do servicios de xardíns do Concello veñen de finalizar os traballos da construcción da glorieta situada na zona coñecida como "A Calzada" no inicio da rúa Sanjurjo Badía.
martes, 8 xuñ 2004
Operarios do departamento de xardíns do Concello veñen de remodelar o deseño e plantación na rotonda de Samil, onde se atopa o monumento a Europea.