O Concello comeza a preparar a temporada de praias con vistas a Semana Santa
A temporada de praias adiántase este ano coa Semana Santa á primeira semana de abril. A fin de que todo estea preparado nos areais de Vigo para esas datas, o Órgano Xestor de Praias do Concello acordou hoxe martes facer un seguimento semanal das necesidades existentes ou que poidan xurdir.
![1168954377samilxente.jpg 1168954377samilxente.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1168954377samilxente.jpg)
Polo de agora, os departamentos municipais encargados do bo estado das praias continuarán o labor de rehabilitación do Vao, que inclúe a recuperación das dunas desta praia. Ademais, iniciaranse as accións precisas para ir resolvendo aspectos fundamentais como os novos paseos marítimos, os socorristas, as duchas, a limpeza dos areais, o alumeado e as casetas de Cruz Vermella.
O portavoz do Goberno local, José Manuel Figueroa, afirmou tras a reunión de hoxe martes que "é importante que o Órgano Xestor de Praias comece a traballar" para repetir o "magnífico resultado" da temporada de 2006.
Descargar todas as imaxes