Alumnos e mestres da Escola de Artes e Oficios expoñen os seus traballos
A Escola Municipal de Artes e Oficios acolle durante este mes de xaneiro a mostra "Expoarte e Oficios", coa que se pretende iniciar unha nova andaina de actividades para que a cidadanía coñeza o traballo que realizan os seus alumnos e profesores.
A exposición amosa e recupera a colección permanente de Antón Corral, así como os traballos dos obradoiros de ourivería, luthería antiga, cerámica e instrumentos musicais populares galegos.
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, salienta a importancia de que a cidadanía saiba o que se fai na Escola e a importancia da mesma na transmisión do coñecemento do traballo artesán.
Con motivo desta exposición, o Departamento de Música Tradicional e Folk (DMTF) da Escola organizou un ciclo de concertos e seminarios durante o Nadal.