Franquiatlántico abre as súas portas coa presenza de 150 expositores
O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) acolle desde hoxe venres ata o domingo a VIII edición de Franquiatlántico, coa presenza de 150 expositores nacionais e internacionais pertencentes a ou relacionados co sector das franquicias.
Así, xunto aos stands das empresas franquiciadoras pódense visitar os de diversas consultoras e publicacións, así como os de asociacións e institucións como a Concellaría de Turismo e Comercio do Concello de Vigo, a Consellaría de Educación e a Cámara de Comercio da nosa cidade.
O ámbito de influenza deste evento xa consolidado como un dos máis importantes na súa categoría abrangue Galicia, Asturias, Castela e León e o Norte de Portugal. O promedio de visitantes recibidos por Franquiatlántico nos últimos anos rolda as 10.000 persoas, aínda que, como aclara a directora do salón, Raquel Robledo, a organización prefire a calidade á cantidade.
Deste xeito, dentro de Franquiatlántica desenvólvese no IFEVI o VI Salón Emprendedor do Atlántico, concibido para asesorar de forma directa a emprendedores, estudantes, desempregados e profesionais sobre as múltiplas oportunidades de negocio, oferta educativa, formación profesional, subvencións e trámites, bolsas de traballo, inserción laboral, etc.
Actividades paralelas
De xeito paralelo á exposición principal, Franquiatlántico propón ás empresas unha participación activa para facer deste evento unha fonte de contactos empresariais. Para iso desenvólvense varias actividades complementarias. Así, o Foro da franquicia e o emprendedor serve para que os profesionais do sector presenten diferentes ponencias sobre aspectos desta actividade empresarial, as súas necesidades e tendencias futuras.
A Aula da franquicia pón a disposición das empresas un espazo onde expor en profundidade a potenciais clientes os seus produtos e servizos e ofrecer unha información personalizada adaptada ás necesidades do cliente.
Por último, o VII Premio Franquiatlántico pretende recoñecer o labor das empresas participantes, con galardóns destinados á que máis teña destacado pola súa actividade ao longo do ano, á firma estranxeira máis activa e á empresa que presente unha mellor imaxe.
Descargar todas as imaxes