Escoitar
Anuncio Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Leonardo Alonso

<br /> <br />

xoves, 11 xan 2007
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de conexión do 2º Cinto con Balaídos, a realizar pola empresa COVSA, estará pechada ao tráfico a rúa Leonardo Alonso, entre Sanín e Balsa, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 15 de xaneiro de 2007 ás 10.00 horas e por un período
aproximado de tres meses.
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas Balsa, 2º Cinto e Sanín.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.