Concello e Xunta colaboran na posta en marcha dun equipo de inclusión sociolaboral
O Concello de Vigo vai contratar e pór en funcionamento un equipo de inclusión sociolaboral para persoas e colectivos en situación ou risco grave de exclusión social. Esta medida desenvolverase ao longo deste ano cunha achega municipal de 25.000 euros e outra da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia de 164.000.<br />
A achega da administración autonómica canalizarase a través da Dirección Xeral para a Acción Social e será financiada nun 80% polo Fondo Social Europeo. A colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia plasmouse nun convenio asinado o pasado 2 de xaneiro pola alcaldesa, Corina Porro, e o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.
Este acordo contempla a contratación de non menos de catro profesionais para a posta en funcionamento dun equipo que terá como obxectivo esencial promover a inserción laboral de persoas e colectivos residentes en Vigo en situación ou grave risco de exclusión social, mediante o desenvolvemento de itinerarios individualizados e integrais de inserción. Este traballo levarase a cabo cunha perspectiva ligada ás potencialidades do territorio e do tecido social e produtivo vigueses.
Para o deseño dos itinerarios de inserción sociolaboral, o equipo, despois de realizar un diagnóstico social e profesional, contará coa participación activa das persoas destinatarias, adecuándoos ás súas características persoais, sociais e profesionais. Os itinerarios incluirán un conxunto de servizos, prestacións e accións de orientación, formación e emprego e, cando as circunstancias o requiran, actividades de desenvolvemento persoal e de adquisicón de habilidades sociais.
A metodoloxía de intervención cos destinatarios desta iniciativa estará configurado polos seguintes elementos: definición de obxectivos persoais, profesionais e de busca de emprego; establecemento dun contrato ou compromiso; determinación dos recursos que deberán ser empregados; programación das actividades; e avaliación e seguimento do itinerario.
Segundo reza o convenio entre o Concello e a Xunta, vixente ata o final deste ano, a actividade do equipo de inclusión sociolaboral desenvolverase no marco do II Plan Galego de Inclusión Social.
Descargar todas as imaxes