Persoas con discapacidade expoñen os seus gravados na Casa Galega da Cultura
Setenta gravados realizados por persoas con discapacidade serán expostos ata o próximo 21 de xaneiro na Casa Galega da Cultura dentro da mostra do II Certame Pasoarte, baixo o lema "Retrátate".
Esta exposición é o resultado dos traballos realizados mediante a técnica da punta seca por persoas con discapacidade pertencentes ás seguintes entidades de Vigo: Alento (Dano Cerebral Adquirido), APAMP (Parálise Cerebral), ASPANAEX (Discapacidade Intelectual), DOA (Enfermidade Mental), DOWN Vigo (Síndrome de Down) e San Rafael (Discapacidade Intelectual).
As creacións reunidas en Pasoarte abordan a temática do retrato desde o punto de vista destas persoas, que contaron coa colaboración de cinco profesionais galegos do gravado no desenvolvemento das súas obras. Son Maite López Meijide, Xosé Poldras, Leonardo Rial, Isabel Somoza e Javier de Sousa. Este último sinala sinalou que "foi un traballo moi enriquecedor" porque "eles aprenderon e nós tamén".
"Retrátate" pretende ser unha exposición interactiva e para iso recolle a impresión do público que a visita mediante unha fotografía na que este amosa o seu agrado ou desagrado. O conxunto de fotografías que se obteña exporase o último día da mostra.
A exposición permanecerá aberta ata o 21 de xaneiro, co seguinte horario: de luns a venres, de 18.00 a 21.30 horas; os sábados, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 horas; e os domingos, de 11.00 a 14.00 horas.
A organización do II Certame Pasoarte corre a cargo das concellarías de Cultura e Benestar Social e de PASOVIGO (Plataforma de Accesibilidade Solidaria de Vigo), que reúne 17 entidades sen ánimo de lucro para a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade na comarca de Vigo.