Escoitar

O Verbum ofrece este mes un ciclo de animación á lectura para nenos

O museo Verbum-Casa das Palabras quere consolidarse como referente e lugar de aprendizaxe e lecer nas mañás dos domingos para os máis pequenos. Para iso, e despois das exitosas sesións de contacontos destes dous meses pasados, ofrece neste mes de xaneiro un ciclo de animación á lectura para nenos e nenas.

mércores, 10 xan 2007
1168437085lecturaverbum.jpg
A realización deste ciclo correrá a cargo de Xandobela (Xestión e Dinamización Sociocultural), empresa formada recentemente por pedagogos, educadores sociais e monitores de lecer e tempo libre cunha ampla experiencia no traballo sociocultural: compromiso coa cultura galega, promoción e fomento do uso do galego, ecoloxía, cultura participativa, solidariedade enfocada nos máis pequenos.

O obxectivo desta iniciativa é que os cativos sintan a lectura e a comunicación como algo divertido. Para iso, o Verbum acollerá un conxunto de actividades que inclúe murais, elaboración de bonecos, xoguetes, contos, manualidades. Tempo para a recreación da creatividade propia de cada rapaz.

IDADES: rapaces de 3 a 12 anos.

HORARIO: de 12 a 13.30 horas.

LUGAR: Verbum – Casa das Palabras.
Avda. de Samil, 17 – 36212 VIGO
Teléfono: 986 240 130

DATAS: domingos 14, 21 e 28 de xaneiro e 4 de febreiro.

PREZO: 1 €.
Descargar todas as imaxes