Escoitar

Posible multa de 300.000 euros por arrincarlle un corno á vaca da Cow Parade

O mozo de 19 anos detido por arrincarlle un corno á escultura da vaca da Cow Parade situada no cruzamento de Príncipe con Colón e Urzaiz enfróntase a unha posible multa de 300.000 euros.

martes, 9 xan 2007
Esta é a cantidade resultante da tasación dos danos ocasionados na vaca, segundo manifestou a empresa Cow Parade Europe Limited ante a Policía Local, quen denunciou o veciño de Vigo P.F.R.V. despois de identificalo como presunto autor deste acto vandálico. Os feitos denunciados tiveron lugar arredor das 05.00 horas da noite de Reis e están en mans do Xulgado de Instrución Número Seis.

O corno arrincado á escultura foille entregado á empresa organizadora da Cow Parade para poder proceder á súa restauración.

A escultura da vaca situada no cruzamento de Príncipe con Colón e Urzaiz fora danada con anterioridade, entre os días 23 e 25 de decembro, sen que naquela ocasión se chegase a identificar o causante.