Adxudicado o servizo da grúa municipal
A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe luns á empresa Setex Aparki o servizo público da grúa municipal, por un prezo de 1.692.000 euros para os primeiros catro anos de contrato. O acordo, de 16 anos de duración, finalizará coa reversión ao Concello dos terreos que utilizará a empresa para a prestación deste servizo.
Segundo explicou o portavoz do Goberno municipal, José Manuel Figueroa, o contrato inclúe, ademais, unha suba do importe que o Concello pagará a empresa ata 1.714.000 euros a partir do seu quinto ano de vixencia.
Os terreos dos que disporá a empresa na Avenida de Madrid, de 10.600 m2 e valorados a día de hoxe en 6,4 millóns de euros, acollerán unhas instalacións novas que servirán para albergar un parque móbil de 11 grúas (o mesmo número de vehículos que desempeñan esta función na actualidade). Destas 11 grúas, 10 serán de arrastre e a outra, de plataforma.
Figueroa engadiu que as novas grúas comezarán o seu traballo aproximadamente a principios de febreiro, xa que previamente debe ser formalizado o contrato entre o Concello e a empresa adxudicataria.
Por outra parte, a Xunta de Goberno aprobou as bases do programa de prestacións individuais para a prevención, asistencia e promoción social de 2007 para os centros de Benestar Social e de prevención de drogodependencias, dependentes da Concellaría de Participación Cidadá. Para Benestar Social comprométese un gasto de 140.000 euros, mentres que CEDRO recibirá algo máis de 17.500.
Descargar todas as imaxes