Escoitar
Bando Festas e Animación Sociocultural

Cabalgata de Reis

<br />

venres, 5 xan 2007
Co gallo da Cabalgata de Reis adoptaranse as seguintes medidas en materia de tráfico e seguridade para o venres, 5 de xaneiro de 2007:

Percorrido e horario

A saída da comitiva da Cabalgata de Reis está prevista para as 18,15 horas e percorrerá as rúas García Barbón (dende o nó de Isaac Peral, Policarpo Sanz e Porta do Sol ( remate).
Desviacións

1.Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido da cabalgata non poderán facelo dende a hora establecida.
2.Aqueles vehículos que circulen pola Avenida de Galicia terán que desviarse pola Avenida de Bos Aires á Travesía de Vigo e centro da cidade, ou ben facelo por Sanjurjo Badía para entrar na rotonda de Julián Estévez e os túneles de Areal-Beiramar.
3.Recoméndase a circulación pola Avenida de Bos Aires e Travesía de Vigo, así como baixar a Julián Estévez dende Enrique Lorenzo, para poder tomar o túnel ata chegar á rúa Coruña e Bouzas.
4.Os vehículos procedentes da rúa Torrecedeira desviaranse pola rúa Falperra cara á rúa Venezuela.
5.Recoméndase non circular pola rúa Torrecedeira e facelo pola rúa Beiramar para os que leven destino Teis e pola rúa Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.
6.Queda pechado ó trafico o acceso dende á rúa Progreso por Doutor Cadaval, non podendo saír á Porta do Sol.
7.Recoméndase ós vehículos procedentes de Bouzas-Beiramar a utilización da rúa Coruña, Praza de América e Gran Vía para os destinos de Gran Vía e Calvario. Preferentemente recoméndase a Avda. de Castelao e a circunvalación cara á Arquitecto Palacios.
8.Os vehículos precedentes da autoestrada con saída Alfonso XIII, e os que baixen por esta rúa, desviaranse pola rúa Cervantes.
9.Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzaiz terán que ser desviados no cruzamento con Vazquez Varela.
10.Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.
11.Aconséllase ós vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, Praza de América e rúa Coruña para chegar ó seu destino.
12.Os vehículos que circulen pola Gran Vía con dirección ás rúas Alfonso XIII e García Barbón desviaranse no cruce da rúa Lepanto con sentido ascendente á rúa Urzáiz.
13.Anularase a saída da autoestrada por Isaac Peral.

14.Ós vehículos que circulen pola Travesía de Vigo con dirección a García Barbón non se lles permitirá chegar facéndo que xiren na rotonda de San Lourenzo.
15.Os vehículos que circulen pola rúa Areal desviaránse pola rúa Oporto e rotonda da Paelleira.
16.Soamente se permitirá baixar pola rúa Urzáiz dende os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.

Peches de tráfico
Os cortes produciranse en:
Sanjujo Badía-Enrique Lorenzo.
Saída da autoestrada a Isaac Peral
Rotonda de San Lourenzo con dirección a García Barbón.
Rúa Areal-Oporto
Rúa Areal- Paelleira
Rúa Colón-Areal
Poboadores-San Francisco-Ribera.
Paseo de Alfonso
López de Neira-Doutor Cadaval
Alfonso XIII-Cervantes
Urzáiz-Lepanto
Urzaiz-México
Urzaiz-Vazquez Varela
Canceleiro-Rosalía de Castro
Oporto-Rosalía de Castro
República Arxentina-Uruguai

.As únicas entrada e saídas á zona do Areal-Rosalía de Castro-zona Praza de Compostela e Beiramar terán que ser polo rotonda de Julian n Estévez e pola rúa Coruña.
.Desaconséllase totalmente a utilización desta zona agás ós que teñan o seu destino na mesma ou aos usuarios da autoestrada.



Punto de encontro de nenas/os perdidos e posto de emerxencias

.Establecerase un posto destacado de emerxencias no cruzamento Colón-Urzáiz e outro posto de atención a nenos/as perdidos diante da igrexa de Santiago de Vigo.


.En caso de perdas de nenos/as, dirixirse ós voluntarios/as de Protección Civil, Cruz Vermella, Organización e ós axentes da Policía Local.

Recomendacións finais

1. Evitar o uso dos vehículos particulares.
2. Evitar o estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos treitos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencia de ambulancias e bombeiros.
3.Evitar a concentración de público na zona de montaxe da comitiva na rúa García Barbón entre o nó de Isaac Peral e a rotonda de Julián Estévez e Sanjurjo Badía.
4.Manter control sobre os nenos, evitando a súa perda e que se abalancen preto das carrozas na busca de caramelos.
5.Atender as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de seguridade da Organización.