Escoitar
Bando Festas e Animación Sociocultural

XXVI Concurso desfile de rondallas

<br />

venres, 5 xan 2007
Co gallo do "XXVI concurso desfile de rondallas" adoptaranse as seguintes medidas en materia de tráfico e seguridade para o domingo, 7 de xaneiro de 2007:

Percorrido e horario

A saída das Rondallas está prevista para as 12,00 horas e percorrerá as rúas García Barbón, dende o cruzamento con Serafín Avendaño, Policarpo Sanz e Porta do Sol ( remate).

Ás 11,30 horas cortaranse os accesos a García Barbón e sucesivos progresivamente.

Desviacións

- Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido do desfile non poderán facelo dende a hora establecida.
- Aqueles vehículos que circulen por Sanjurjo Badía cara o centro da cidade deviaránse por Julián Estévez aos túneles de Areal-Beiramar e Isaac Peral-Areal.
- Os vehículos procedentes da rúa Torrecedeira desviaranse pola rúa Falperra cara á rúa Venezuela.
- Queda pechado ó trafico o acceso dende á rúa Progreso por Doutor Cadaval, non podendo saír á Porta do Sol.
- Os vehículos precedentes da autoestrada con saída Alfonso XIII, e os que baixen por esta rúa, desviaranse pola rúa Cervantes.
- Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzaiz desviaranse no cruzamento con Vázquez Varela.
- Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.
- Aconséllase ós vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, Praza de América e rúa Coruña para chegar ó seu destino.
- Os vehículos que circulen pola Gran Vía con dirección ás rúas Alfonso XIII e García Barbón desviaranse no cruce da rúa Lepanto con sentido ascendente á rúa Urzáiz.
- Soamente se permitirá baixar pola rúa Urzáiz dende os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.

Peches de tráfico
Os cortes produciranse en:
García Barbón-Isaac Peral
Rúa Colón-Areal
Paseo de Alfonso
López de Neira-Doutor Cadaval
Alfonso XIII-Cervantes
Urzáiz-Lepanto
Urzáiz-México
Urzáiz-Vazquez Varela
Canceleiro-Rosalía de Castro
Oporto-Rosalía de Castro
República Arxentina-Uruguai
Posto de emerxencias

a) Establecerase un posto destacado de emerxencias no cruzamento Colón-Urzáiz.
b) En caso de perdas de nenos/as, dirixirse ós voluntarios/as de Protección Civil, Cruz Vermella, Organización e ós axentes da Policía Local.

Recomendacións finais

- Evitar o uso dos vehículos particulares.
- Evitar o estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos treitos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencia de ambulancias e bombeiros.
- Evitar a concentración de público na zona de montaxe da comitiva na rúa García Barbón entre o nó de Isaac Peral e Serafín Avendaño.
- Atender as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de seguridade da Organización.