Escoitar

Medidas de tráfico co gallo da Cabalgata de Reis

A saída da comitiva está prevista para as 18.15 horas do venres e percorrerá as rúas García Barbón (desde o nó de Isaac Peral) e Policarpo Sanz ata rematar na Porta do Sol. Con motivo deste evento, o Concello decidiu adoptar un conxunto de medidas en materia de tráfico.

xoves, 4 xan 2007
- Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido da Cabalgata non poderán facelo a partir da hora establecida.
- Aqueles vehículos que circulen pola Avenida de Galicia terán que desviarse pola Avenida de Bos Aires á Travesía de Vigo e centro da cidade, ou ben facelo por Sanjurjo Badía para entrar na rotonda de Julián Estévez e os túneles de Areal-Beiramar.
- Recoméndase a circulación pola Avenida de Bos Aires e Travesía de Vigo, así como baixar a Julián Estévez desde Entique Lorenzo, para poder tomar o túnel ata chegar á rúa Coruña e Bouzas.
- Os vehículos procedentes de Torrecedeira desviaranse pola rúa Falperra cara á rúa Venezuela.
- Recoméndase non circular pola rúa Torrecedeira e facelo pola rúa Beiramar para os que leven destino a Teis e pola rúa Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.
- Queda pechado ao tráfico o acceso desde a rúa Progreso por Doutor Cadaval, non podendo saír á Porta do Sol.
- Recoméndase aos vehículos procedentes de Bouzas-Beiramar a utilización da rúa Coruña, Praza de América e Gran Vía para os destinos de Gran Vía e Calvario. Preferentemente recoméndase a Avenida de Castelao e a circunvalación cara a Arquitecto Palacios.
- Os vehículos procedentes da autoestrada con saída Alfonso XIII e os que baixen por esta rúa desviaranse pola rúa Cervantes.
- Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzaiz terán que ser desviados no cruzamento con Vázquez Varela.
- Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.
- Aconséllase aos vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, Praza de América e rúa Coruña para chegar ao seu destino.
- Os vehículos que circulen pola Gran Vía con dirección ás rúas Alfonso XIII e García Barbón desviaranse no cruzamento da rúa Lepanto con sentido ascendente á rúa Urzaiz.
- Anularase a saída da autoestrada por Isaac Peral.
- Aos vehículos que circulen pola Travesía de Vigo con dirección a García Barbón non se lles permitirá chegar facendo que xiren na rotonda de San Lourenzo.
- Os vehículos que circulen pola rúa Areal desviaranse pola rúa Oporto e rotonda da Paelleira.
- Soamente se permitirá baixar pola rúa Urzaiz desde os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.