O Desfile-Concurso de Rondallas celebrarase este ano nas rúas da cidade
O Concurso de Rondallas celebra o próximo domingo a partir das 12.00 horas a súa XXVI edición, cunha importante novidade: a diferencia de anos anteriores, nesta ocasión as rondallas desfilarán e actuarán na rúa para achegaren o seu espectáculo a todos os cidadáns.
A razón principal deste cambio é que o aforo do Pavillón das Travesas, onde se viña realizando o concurso, é insuficiente para acoller o gran número de seguidores que teñen as tradicionais rondallas.
O desfile das rondallas polas rúas, que marcará a fin das celebracións de Nadal deste ano, partirá do cruzamento da rúa Serafín Avendaño coa avenida de García Barbón, por onde chegará á rúa Policarpo Sanz. O percorrido finalizará na Porta do Sol.
Cada unha das 11 agrupacións participantes desfilará con música de pasacorredoiras ao longo do percorrido previsto, saíndo do punto de partida con intervalos de cinco minutos. Ademais, as rondallas realizarán unha parada obrigatoria de tres minutos no cruzamento de Policarpo Sanz coa rúa Colón, onde as esperará o xurado do concurso. Este xurado está composto por Antón Cabaleiro Millares, mestre de danza e percusión tradicional; Dionisio Aboal Bermúdez, artesán de instrumentos tradicionais; Olimpio Liste, etnógrafo; e Wenceslao Cabezas "Polo", director da Escola Municipal de Danza.
O xurado do concurso cualificará entre 0 e 10 puntos enteiros a vestimenta, a instrumentación musical e a evolución no desfile de toda a rondalla. A agrupación gañadora farase cun premio de 2.500 euros, mentres que a segunda clasificada obterá 2.200 e a terceira, 1.600. Cada unha das rondallas recibirá 1.000 euros polo simple feito de participar no concurso. Ademais, haberá un premio de 500 euros para o conxunto de abandeirados.
Para velar polo correcto desenvolvemento do Desfile-Concurso de Rondallas deste ano, o Concello conta coa colaboración de máis de 100 voluntarios da Asociación de Centros Deportivos e Culturais e da Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", así como de membros de Protección Civil.