A Escola de Artes amosa nunha exposición os traballos de alumnos e mestres
A Escola Municipal de Artes e Oficios acolle durante este mes de xaneiro a mostra "Expoarte e Oficios", coa que se pretende iniciar unha nova andaina de actividades para que a cidadanía coñeza o traballo que realizan alumnos e profesores da devandita escola.
A exposición amosa e recupera a colección permanente de Antón Corral así como os traballos dos obradoiros de ourivería, luthería antiga, cerámica e instrumentos musicais populares galegos.
O concelleiro Ignacio López Chaves salientou durante a presentación da mostra a importancia de que a cidadanía saiba o que se fai na Escola e a importancia da mesma na transmisión do coñecemento do traballo artesán.
Con motivo desta exposición, o Departamento de Música Tradicional e Folk (DMTF) da Escola organiza estes días un ciclo de concertos e seminarios de Nadal 2006.
Programa dos concertos e seminarios
Día 3 de xaneiro, ás 19 horas: Seminario de Aventuras e Desventuras do Vilancico Popular na Música Relixiosa dos séculos XVII,XVIII e XIX, impartido polo profesor Rodrigo Romanía, no auditorio do DMTF.
Día 5 de xaneiro: Concerto dos alumnos do DMTF das aulas de Requinta, Violín, Arpa , Zanfona, canto, Gaita e Percusión, dirixido polo profesor Xosé Liz.