Escoitar

Satisfacción polas baixas cifras de sinistralidade en Fin de Ano

O concelleiro de Seguridade, Tráfico e Transportes, Antonio Coello, manifestou hoxe martes a súa satisfacción pola "substancial" reducción do número de sinistros na pasada fin de semana con respecto a anos anteriores.

martes, 2 xan 2007
1167747950coello2208.JPG
En total, durante o sábado, o domingo e o luns pasados rexistráronse 21 accidentes de tráfico, cun balance de 10 feridos leves, dous atropelos leves, dúas alcoholemias positivas e unha detención por infracción contra a seguridade do tráfico. Ademais, houbo dúas detencións por violencia de xénero e outra por incumprimento de orde de afastamento.

Antonio Coello congratulouse por estas cifras, "froito da planificación, o traballo e a constancia" da Policía Local, a Concellaría de Seguridade, Tráfico e Transportes e Portección Civil, que actuaron nestes tres días, segundo afirmou, "cunha magnífica colaboración e cooperación".
Descargar todas as imaxes