O Auditorio Municipal acollerá o Concerto de Reis a cargo da Xoven Orquestra Internacional de Galicia
O Auditorio Municipal acolle este sábado a partir das 20.00 horas un Concerto de Reis a cargo da Xoven Orquestra Internacional de Galicia (XOIGA). Este será o primeiro concerto que se realiza na nosa cidade precisamente co gallo desta festividade e o Departamento de Cultura do Concello, responsable da súa organización, espera que se consolide entre os actos clásicos do Nadal vigués.
O programa do concerto inclúe na súa primeira parte a obertura de "A frauta máxica", de W.A. Mozart; o "Intermezzo" da ópera "Cavallería rusticana" de P. Mascagni, e a "Suite Beatles", de Beatles e M.M. Valcárcel. Na segunda parte, o público poderá oír "Blanca Navidad", de Irvins Berlin e M.M. Valcárcel; "Hommer’s reel", de Capercaille; "Toreador", de G. Bizet, R. Schredin e M.M. Valcárcel; e "Marcha Radetzky", de J. Strauss.
Todas as pezas do concerto, ao que o público poderá asistir gratuítamente ata completar o aforo do Auditorio, serán interpretadas pola XOIGA, unha formación de 65 músicos dirixida polo músico cubano Marcos Valcárcel coa asistencia de Luis Caballero, músico da mesma nacionalidade.
A XOIGA é unha plataforma auspiciada pola Fundación Mayeusis na que teñen acollida músicos galegos e que está aberta a outros países, especialmente Portugal. A súa finalidade é crear espazos para que os novos músicos poidan formarse, segundo explicou hoxe xoves durante a presentación do Concerto de Nadal o director da Fundación Mayeusis, Óscar Villar, quen sinalou, ademais, que XOIGA "pode ser a semente dunha futura orquestra sinfónica" viguesa.
O director
Marcos Valcárcel naceu na Habana en 1952 e actualmente imparte clases de percusión e harmonía no Conservatorio Mayeusis de Vigo.
Estudou na Escola Nacional de Arte e no Instituto Superior de Arte da Habana. Neste último foi profesor de percusión e música de cámara. De 1972 a 1991 foi membro da Filharmónica Nacional de Cuba, na que chegou a ocupar os postos de tímpani solista e xefe de sección de percusión. Foi membro, ademais, do conxunto O Noso Tempo, dedicado á música contemporánea. O seu labor profesional abrangue todos os xéneros sinfónicos, tanto clásicos como populares.
Escribiu algunhas obras para percusión, entre as cales figuran "Danzón para dous", "Afroixame", "Meta", "Invitación", "Conexión Coruxo", "Samba Matamá" e "Ola Negriño". Ademais, publicou o libro "A percusión cubana, os seus instrumentos e os seus ritmos".
O asistente de dirección
O violoncellista cubano Luis Caballero cursou estudos na Escola Nacional de Arte e no Instituto Superior de Arte da Habana. Actualmente é profesor de violoncello e música de cámara no Conervatorio Mayeusis de Vigo e no Conservatorio Municipal de Tui.
Descargar todas as imaxes