Escoitar

O Concello colabora na distribución de xoguetes doados por Michel Salgado

Arredor de 600 xoguetes doados polo futbolista Míchel Salgado foron distribuídos onte e antonte a través dos Servizos Sociais do Concello a varias ONG’s de Vigo, para llos regalaren aos nenos e nenas máis desfavorecidos da cidade.

venres, 5 xan 2007
1168005299michelsalgado311205.JPG
O futbolista recibiu o agradecemento do Concello nunha recepción o pasado Nadal
Esta iniciativa, denominada "Ningún neno sen xoguete", realízase este Nadal por segundo ano, grazas á xenerosidade do ex xogador do Celta. Os arredor de 600 xoguetes foron distribuídos a través das ONG’s MADRO, AFAN, San Rafael, o comedor "Sal de la Tierra" e Cruz Vermella.

A alcaldesa mostroulle a Míchel Salgado o seu agradecemento por este xesto mediante unha chamada telefónica, xa que por motivos de axenda o futbolista non puido estar presente en Vigo para asistir a unha recepción como a que o Concello lle ofreceu no día de Fin de Ano de 2005. Na súa mensaxe, Corina Porro deulle as grazas a Míchel Salgado por acordarse alá onde estea de Vigo e, en especial, dos nenos e nenas máis desfavorecidos da cidade.
Descargar todas as imaxes