Escoitar

A alcaldesa homenaxea os mundialistas e medallistas do Real Club Náutico

Corina Porro recibiu hoxe venres na sede da Alcaldía os deportistas mundialistas e medallistas de campionatos de España que representaron o Real Club Náutico nas modalidades de vela, remo, tenis e natación.

venres, 5 xan 2007
1167997951nauticorecepcion.jpg
A alcaldesa de Vigo dirixiuse aos deportistas para dicirlles que "persoas como vós estades facendo un papel marabilloso e deixando a Vigo e o deporte vigués no lugar que lle corresponde".

Corina Porro destacou tamén que que no ano 2006 o Real Club Náutico celebrou o seu centenario, ocasión que o Concello aproveitou para lle conceder a Medalla da Cidade: "O Real Club Náutico leva 100 anos apostando polo deporte, pola vida social e cultural. Leva 100 anos facendo cidade", dixo.
Descargar todas as imaxes

Máis información